Arquivo do 2 de Marzo do 2010

Obradoiro de pasta

Publicado por nigran o 2 de Marzo do 2010

Ao día seguinte de manipular nas aulas a pasta crúa fixemos un obradoiro no salón con pasta cocida.

1ºEntramos no salón descalzos e  sentámonos por aulas.

2º Presentáronnos a Dona pasta: era moreniña e tiña os ollos alaranxados.

3º  Volvéronos recordar os nomes das diferentes pastas que utilizamos no obradoiro, e tamén os utensilios que nos deixaron.

4º Tocou a hora de manipular, xogar, e as profas nos ensiñaron unha cousa máxica, a pasta quedaba pegada no papel continuo, pegada na parede e tamén nos cristais. Pero despois dun chisco, xa quedaba pegado a calquera parte do corpo, pero sobre todo nos pés e nas mans.

No mundo máxico, pola tardiña, tamén fixeron o seu obradoiro de pasta, con paellera incluida.

Canta pasta e canta diversión!!

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 2 de Marzo do 2010

Esta semana Tami e Zaida, as dos Trasnos, escolleron a seguinte palabra:

XANGAL

para xogar coas palabras.

Obradoiro con pasta crúa.

Publicado por nigran o 2 de Marzo do 2010

O xoves 25, nas aulas, estivemos manipulando e coñecendo diferente pasta crúa: espaguetes, espirais, lazos, macarróns… algúns eran de cores porque son vexetais. Coa pasta tivemos moitas alternativas, en algunha clase xogamos ás cociñiñas, pintámolas para facer colares, pisámolas para saber o ruído que facían e que sensación nos producían ao pisala descalzos, fixemos un collage con elas e, sobre todo, probámolas como bós cociñeiros que somos.

Queredes botar unha olladiña ó ben que traballamos?.