O xoves 25, nas aulas, estivemos manipulando e coñecendo diferente pasta crúa: espaguetes, espirais, lazos, macarróns… algúns eran de cores porque son vexetais. Coa pasta tivemos moitas alternativas, en algunha clase xogamos ás cociñiñas, pintámolas para facer colares, pisámolas para saber o ruído que facían e que sensación nos producían ao pisala descalzos, fixemos un collage con elas e, sobre todo, probámolas como bós cociñeiros que somos.
Queredes botar unha olladiña ó ben que traballamos?.









Esta entrada foi publicada
o Martes, 2 Marzo do 2010 ás 08:11 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
3 de Marzo de 2010 ás 09:53
Vaia ruído que facía a pasta ó pisala!!. Foi moi divertido.