Ao día seguinte de manipular nas aulas a pasta crúa fixemos un obradoiro no salón con pasta cocida.
1ºEntramos no salón descalzos e sentámonos por aulas.

2º Presentáronnos a Dona pasta: era moreniña e tiña os ollos alaranxados.

3º Volvéronos recordar os nomes das diferentes pastas que utilizamos no obradoiro, e tamén os utensilios que nos deixaron.


4º Tocou a hora de manipular, xogar, e as profas nos ensiñaron unha cousa máxica, a pasta quedaba pegada no papel continuo, pegada na parede e tamén nos cristais. Pero despois dun chisco, xa quedaba pegado a calquera parte do corpo, pero sobre todo nos pés e nas mans.




No mundo máxico, pola tardiña, tamén fixeron o seu obradoiro de pasta, con paellera incluida.


Canta pasta e canta diversión!!
Esta entrada foi publicada
o Martes, 2 Marzo do 2010 ás 16:20 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
3 de Marzo de 2010 ás 09:56
Qué ben o pasamos nestes obradoiros!!.