Que suave é a fariña!!

Nestes días estamos preparando un obradoiro para facer pan, por iso, antes de amasar, imos  coñecer o ingrediente máis importante desta elaboración: a fariña.

Nas aulas, coñecemos as diferentes sensacións: a súa textura, sabor, suavidade e lixeireza. O noso obxectivo era realizar diferentes accións con ela: espallar, amontoar, soprar, grafar, masaxearse…ademais de identificar o proceso de transformación que se produce coa mezcla fariña-auga; e con elo descubrir o amasado, modelado, estirado, pegado…

Cantas cousas aprendimos coa fariña, e que branquiños quedamos ó acabar a sesión!!

Pasámolo en grande con tanta fariña!!. Ollade, ollade…

4 comentarios a “Que suave é a fariña!!”

  1. tami dixo:

    os nen@s do noso cole estano a pasar en grande co tema dos cociñeir@s!!

  2. tamara dixo:

    Canto xogo nos deu a fariña!!!que ben o pasamos.

  3. Marián dixo:

    Este tema está sendo moi pero que moi productivo. E estámolo a pasar en grande, dou fe.

  4. Tania dixo:

    Que ben o pasan os nen@s!como se poñen….como lles gusta manchar e experimentar

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe