Arquivo do 9 de Marzo do 2010

Obradoiro de pan.

Publicado por nigran o 9 de Marzo do 2010

Este pasado luns empezamos a semana traballando nun obradoiro de pan.

No salón, as nosas profes amosáronnos os ingredientes que se precisaban para facer a masa. Había auga, sal, fermento e, por suposto, moita fariña. Mesturando todo e amasando moito, quedaba feita a masa.

Pero faltaba o toque máxico que lle dan as nosas profes a todo o que fan: colorante alimentario!!. Foi tan máxico que fixeron masa de cor vermella, masa azul e masa amarela.


Despois de moito amasar repartiron as distintas masas polas nosas mesas e…, a amasar nós tamén!!. Estiramos a masa con roletes, pinchámola con garfos e fixemos boliños de pan. Ademáis, ós boliños puxémoslles noces para que, despois de pasar polo forno, estiveran máis ricos.

E, tras pasar polo forno, levamos os nosos boliños de pan para a casa. Estaban boísimos!!.