Este pasado luns empezamos a semana traballando nun obradoiro de pan.
No salón, as nosas profes amosáronnos os ingredientes que se precisaban para facer a masa. Había auga, sal, fermento e, por suposto, moita fariña. Mesturando todo e amasando moito, quedaba feita a masa.

Pero faltaba o toque máxico que lle dan as nosas profes a todo o que fan: colorante alimentario!!. Foi tan máxico que fixeron masa de cor vermella, masa azul e masa amarela.

Despois de moito amasar repartiron as distintas masas polas nosas mesas e…, a amasar nós tamén!!. Estiramos a masa con roletes, pinchámola con garfos e fixemos boliños de pan. Ademáis, ós boliños puxémoslles noces para que, despois de pasar polo forno, estiveran máis ricos.












E, tras pasar polo forno, levamos os nosos boliños de pan para a casa. Estaban boísimos!!.


Esta entrada foi publicada
o Martes, 9 Marzo do 2010 ás 20:12 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
9 de Marzo de 2010 ás 21:19
menudos panadeir@s que estamos feitos!!!!
9 de Marzo de 2010 ás 21:53
Que boa pinta teñen este boliños….que ben o pasan con este tema dos cociñeiros.
9 de Marzo de 2010 ás 23:17
QUE RICO QUEDOU O NOSO PAN DE CORES!!!
10 de Marzo de 2010 ás 00:29
Vaia sorpresa máis colorida levaron ese día os nenos para as súas casas.