A caixa do Vermello

O mércores 17 foi o “Día do vermello”, xa que todos quixemos axudar á Fada a recuperar a súas cores. Ese día, nada máis epertarmos, vestímonos todos con atavíos desta cor, e mirade que namorados parecemos.

Como todos viñemos con algo desta cor, a “Fada das cores” mandounos un agasallo polas aulas: a caixa máxica do vermello!!, onde atopamos un milleiro de cousas coas que poder divertirnos e descubrir o encanto especial desta cor.

Tamén fixemos un anaco do arco da vella en cada aula para pór no salón e que poida vir a fada das cores a festexar a entrada da primavera con nós,  na nosa escola. Tivemos a axuda das familias, que  nos trouxeron cousas vermellas que puidemos pegar para que non  quedara branco o noso anaquiño do Arco da Vella. Moitas grazas pola vosa colaboración. A fada  estase poñendo moi, pero que moi contenta. Tamén o imos  facer igual de ben co azul, o amarelo e o verde.

2 comentarios a “A caixa do Vermello”

  1. Marián dixo:

    Estamos axudando á Fada das Cores moitísimo, así que cando volva a visitarnos quedará abraiada.

  2. tami dixo:

    moitas grazas polo agasallo Fada das Cores!!

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe