Arquivo do 29 de Marzo do 2010

Aniversario de Gabriela.

Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010

Este pasado venres tivemos unha gran festa de aniversario na aula dos Trasnos, pois Gabriela cumpriu 3 aniños.

Así que para festexalo por todo o alto; entre todos fixémoslle unha postal. Pintámola con moitas cores distintas para que fora máis bonita aínda e quedounos ben fermosa.

Nunha gran festa de aniversario non podía faltar a torta cas súas candeas. Eran 3 candeas e, soprando moi forte, conseguimos apagalas dunha soa vez!!.

Pasámolo en grande cantando e bailando. Moitos parabéns Gabriela!!.

Arco da vella.

Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010

Que contenta vaise pór a Fada cando vexa o arco da vella tan bonito que puxemos no salón. Comezamos co vermello, onde pegamos cousiñas que nos trouxeron as familias.

Logo, tocounos axudar á Fada a recuperar a cor azul. Así que, nas aulas, fixemos un anaco de arco da vella pintando cas nosas mans en azul.

Despois tocoulle a quenda ó amarelo, onde pegamos anacos de papel de seda desta cor.

E, por último, foi o día do verde. Nese día fixemos o anaquiño de arco da vella con gomets desa cor. Ós máis pequenos da escola deunos un pouco máis de traballo, pero con algo de axuda tamén poidemos botarlle unha man á Fada.

Mirade o bonito que nos quedou o arco da vella!!.

A caixa máxica do verde.

Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010

Seguimos coas cores da Fada, só nos falta axudarlle co verde para que  a visitarnos con tódalas súas cores e festexemos con ela a primavera. Como acudimos todos á escola, o venres 26,  vestidos desta cor, a fada mandounos un agasallo como nestes últimos días coas outras cores pero esta vez eran cousas máxicas de cor verde.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010

A palabra desta semana, ÑÁÑARAS,

que escolleron Lidia e Tania, as das Fadas,

xa está colgada do taboleiro esperando respostas.

Aí vai unha pista:

s f pl A - - go alo - m - ño ou  br - ma c o n  que  se  pers - gu - gañar  a   v - nt - de de  alguén.


O mel das abellas

Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010

Coa chegada da primavera fixemos un obradoiro con mel por aulas, tras coñecer a abella facendo diferentes murais, disfrazandonos, cantando cancións…. manipulamos a mel coas mans e nos dimos conta que era moi pegañenta e doce.

A caixa máxica do amarelo.

Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010

Despois de axudar a nosa amiga a Fada das Cores ca cor vermella e ca cor azul, este mércores tivemos que botarlle unha man para recuperar a cor amarela. Así que, vestímonos todos con algo desa cor: había quen traía camisetas amarelas, outros tiñan postos pantalóns desa cor, diademas do pelo e ata había gorras amarelas.

Como estabamos todos tan amareliños e o fixemos tan ben, a Fada das Cores volveu a deixarnos unha sorpresa nas aulas: esta vez era a caixa máxica do amarelo!!.