Arquivo do 31 de Marzo do 2010

Rosca de Pascua

Publicado por nigran o 31 de Marzo do 2010

Nestes días, visitounos a nai de Jorge para elaborar unhas roscas de Pascua. Tivemos que axudarlle a amasar porque ela non podía  facer roscas para tantos nenos.

Como traballamos!!!

Imos darvos a receita porque merece a pena.

Primeiro elaboramos a masa nai, ou fermento, para o que precisaremos:

1/2  k de fariña floxa

250 ml de auga quente ou morna

200 g de levadura de panadaría

Todos estes ingredientes amásanse e póñense a levedar nun lugar cálido.

Ingredientes para a masa da rosca:

2 K de fariña de forza (mércase nas panadarías)

16 ovos ou 1 L de ovo pasteurizado

500 G de manteiga cocida de vaca

500 G de azucre

30 G de sal

150 G de nata líquida

160 G de manteca de porco

esencia de anís e de vainilla (ao gusto)

raiadura de limón

Xeito de facelo:

Amásanse todos os ingredientes até misturalos ben e engádeselle a masa nai.

Unha vez xuntas as masas, procédese a amasar todo moi ben e ponse a levedar unhas tres horas.

Cando a masa levedou (alcanzou case outro tanto do seu volume), fanse as roscas (ou trenzas, se se quere) e déixanse repousar unha media hora antes de metelas ao forno.

O forno deberá estar a 180º C e tardarán en cocerse 20 minutos, aproximadamente.

Ao sacalas do forno déixanse arrefriar un pouquiño e píntanse con ovo batido ou ovo pasteurizado.

Truco: pór no forno un recipiente con auga quente para humedecer o ar e que non se alabarisquen

Todos levamos para a casa unha rosca pequeniña para probar, que boas que estaban!!

Moitas grazas Carmen por ensinarnos a túa sabedoría culinaria na escola.

Aniversario Saúl

Publicado por nigran o 31 de Marzo do 2010

O venres festexamos o aniversario de Saúl (aula Fadas).

Soprou as dúas candeas con moita forza mentras os seus amiguiños lle cantaban: “Parabéns para ti….”

Tivemos merendola e regalámoslle unha postal moi bonita.  Bailamos moito todos xuntos.

Moitos parabéns!!