Arquivo de Marzo do 2010
Publicado por nigran o 25 de Marzo do 2010
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 23 de Marzo do 2010
O mércores 17 foi o “Día do vermello”, xa que todos quixemos axudar á Fada a recuperar a súas cores. Ese día, nada máis epertarmos, vestímonos todos con atavíos desta cor, e mirade que namorados parecemos.

Como todos viñemos con algo desta cor, a “Fada das cores” mandounos un agasallo polas aulas: a caixa máxica do vermello!!, onde atopamos un milleiro de cousas coas que poder divertirnos e descubrir o encanto especial desta cor.





Tamén fixemos un anaco do arco da vella en cada aula para pór no salón e que poida vir a fada das cores a festexar a entrada da primavera con nós, na nosa escola. Tivemos a axuda das familias, que nos trouxeron cousas vermellas que puidemos pegar para que non quedara branco o noso anaquiño do Arco da Vella. Moitas grazas pola vosa colaboración. A fada estase poñendo moi, pero que moi contenta. Tamén o imos facer igual de ben co azul, o amarelo e o verde.
Etiquetas: fada, vermello
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 22 de Marzo do 2010
Aviso para as familias:xa está aberto o prazo para entregar a documentación para novas matrículas para o vindeiro curso, dende o 15 marzo ao 15 abril. O horario preferente de atención no centro, polas mañáns de 9:00 a 12:00 horas e na tardiña de 13:30 a 18:00 horas.

Etiquetas: nova matrícula
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 22 de Marzo do 2010
A palabra que escolleron Olalla e Mariam,
as dos Dragóns, é:
RETROUSO

Etiquetas: RETROUSO, VOLTA
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Marzo do 2010
Os Unicornios estiveron manipulando distintas froitas. Quen di manipulando quere dicir probando, ou non se nota??

Unhas eran moi doces e outras acedas. As laranxas tiñan moito zume, pero as mazás tiñan menos “agüiña”. Ufff, o limón…!!

Etiquetas: aceda, doce, froita
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Marzo do 2010
Hoxe houbo festa rachada na aula de Unicornios, pero esta vez cun aniversario dobre.
Miguel e Carlos Cristos fixeron 3 anos e celebráronno cos seus compañeiros da clase. Entre todos conseguiron apaga-las candeas da tarta dunha soa vez!!. Nótase son os maiores da escola porque fixerónno moi ben e sen axuda.
Moitos parabéns ós dous!!.


Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Marzo do 2010
A palabra que escolleran as profas das Meigas, Tamara e Encarna, ZARRAPICAR, é:
zarrapicar
v t, i e pron salpicar.
salpicar
< sal + picar
port:salpicar cast: salpicar ingl: to splash, to sprinkle alem: bespritzen, beschmutzen, besprenkeln, bestreuen, verspritzen, verbreiten, durchsetzen, würzen, in Mitleidenschaft ziehen
1 v t Manchar ou mollar cun líquido ou cunha substancia pastosa. Tm v pron.
2 v t Estender algo por un sitio.
3 v i Saltar un líquido esparexéndose en gotas.
Etiquetas: salpicar, ZARRAPICAR
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2010
Estes días na nosa escola vamos de festa en festa, porque varios dos nenos están de aniversario.
Na aula de Fadas tocoulle o turno a Celeste, que fixo dous aniños. Como non podía ser menos houbo unha gran festa para celebralo. Entre todos os seus compañeiros regaláronlle unha postal moi fermosa para que tivera de recordo dun día tan especial.

Moitos parabéns Celeste!!.

Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2010
Os bebés da escola estanse a facer maiores; unha das primeiras é Uxía (aula de Meigas) que o martes 16 cumpriu un aniño.
Moitos parabéns!!! …tivemos merendola, baile, confetti, e axudámoslle todos a soprar a candea.

Etiquetas: Aniversario, uxía
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2010
Moitos parabéns Martín!!!
Moitos parabéns Ana!!!
Tres aniños cumpriron e unha festa na súa aula tiveron; con merendola incluída e, sobre todo, moitas felicitacións dos seus compañeir@s da aula de Unicornios.


Pero ademais, Martín tivo festa por partida dobre porque pola tarde volveu a festexar o seu aniversario. Pero nesta ocasión cos seus compañeiros da aula do Mundo Máxico.
Así que, soprou de novo as candeas da tarta e xogou co confeti e disfrutou da festa co resto. Foi unha celebración por todo o alto!!. E, entre todos, regalámoslle unha postal chulísima.



Etiquetas: ana, Aniversario, martín
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »