Arquivo de Abril do 2010

Aniversario de Erik e Mario.

Publicado por nigran o 30 de Abril do 2010

Estes días na nosa escola hai aniversarios en casi tódalas aulas. Esta vez tocoulle o turno á clase de Fadas, na que o aniversario foi dobre. Erik e Mario festexaron xunto cos seus compañeiros os seus dous aniños.

Divertíronse moito mirando as súas postais, bailando e tirándose confeti. Moitos parabéns a ámbolos dous, que estaban moi guapos cas súas coroas.

Leo xa ten dous anos!!.

Publicado por nigran o 30 de Abril do 2010

Un dos nosos dragonciños estivo de aniversario e cumpriu dous aniños. Así que, festexamos por todo o alto o segundo aniversario de Leo.

Entre todos sopramos as candeas e fixémolo ben á primeira, porque sopramos moi pero que moi forte. Logo, agasallamos a Leo cunha postal pintada por todos nós e quedounos moi fermosa. Para rematar a festa como é debido tiramos confeti polo aire e pasámolo en grande.

MENÚS DE MAIO

Publicado por nigran o 30 de Abril do 2010

Familias: deixámosvos un enlace para que

examinedes os menús do mes de maio.

XANTAR XERAL

MERENDA XERAL

XANTAR DE BEBÉS

MERENDA DE BEBÉS

XANTAR SEN LACTOSA

MERENDA SEN LACTOSA

XANTAR SEN OVO

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 30 de Abril do 2010

padiola Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.

< lat palliola ‘mantas’

port:padiola     cast: parihuela, camilla     ingl: stretcher     alem: Trage, Tragbahre, Ruhebett

1 s f Taboleiro rectangular con dous varais atravesados que serve para transportar cargas.<!––>

2 s f Aparello formado por dúas varas paralelas que unen unha tea resistente que se usa para transportar enfermos ou feridos.<!––>

SIN: andas, angarellas.

Aniversario de Carlos e Candela.

Publicado por nigran o 29 de Abril do 2010

Na aula dos Unicornios houbo festa por partida dobre pois dous dos seus nenos estiveron recentemente de aniversario. Nesta ocasión tocoulle cumprir anos a Carlos Collazo e a Candela!!.

Así que para festexalo, sopraron os dous xuntiños as tres candeas da súa tarta de aniversario. Estaban guapísimos cas coroas!!.

Pasárono en grande co resto dos seus compañeiros bailando e xogando co confeti. Parabéns ós dous!!.

Contacontos.

Publicado por nigran o 29 de Abril do 2010

No recuncho dos contos do corredor do bosque encantado, o día 22, por aulas tivemos a visita de educadoras de outras aulas e de Marisa e Charo(psx’s). Estivemos moi atentos xa que os contos eran diferentes ós que nos contan as nosas profas nas aulas.

Na aula de Meigas, tivemos a visita de Marisa que nos contou o conto de “Miau”.

Na aula de Dragóns tivemos a visita de Zaida que nos contou os contos “Imos de safari” e “A porquiña Clea”.

Na aula de Fadas, tivemos a visita de Maribel que nos contou varios contos, entre eles, “Bambi” e “Os sete cabritiños”.

Na aula de Trasnos, tivemos a visita de Olalla que nos contou o conto”Un día de chuvia”.

Na aula de Unicornios, tivemos a visita de Lidia que nos contou o conto “Lobo feroz”.

Na aula de Mundo Máxico, tivemos a visita de Charo que nos contou o conto “A pulga e o xigante”.

Contacontos especiais

Publicado por nigran o 29 de Abril do 2010

Como estamos co tema “Había unha vez…” pedimos a colaboración das familias para que viñeran a aula do seu nen@ a contarlles un conto, a idea foi todo un éxito xa que tivemos a oportunidade de gozar de contos espectaculares contados de diferentes maneiras, e tanto os nen@s como as familias disfrutaron deste momento único e máxico no recuncho dos contos.


Na aula de Dragóns, visitáronnos a nai de Xabier e de Aarón.

Na aula de Fadas, tivemos a visita do pai de Elsa e a nai de Antonio.

Na aula de Trasnos, tivemos a visita da nai de Naiara.

Na aula de Unicornios, tivemos a visita da nai de Carlos Cristos.

Na unidade da tarde, tivemos a visita da nai de Lucas.

Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e o seu tempo.

O parrulo feo

Publicado por nigran o 27 de Abril do 2010

Na aula de Meigas, traballamos co conto ” O parrulo feo”, gustounos moito xa que tiñamos patiños de goma para xogar con eles e escenificar mellor o conto. Tamén utilizamos un conto con imaxes e aprendemos a facer o son do pato.

Primeiro pintamos o estanque do cisne con témpera azul, os patiños  p¡ntámolos con ceras amarelas ( os bebés con témpera) e ao cisne pegámoslle anacos de papel seda branco.

Os patiños saíron dos ovos, por iso fixemos un obradoiro con eles;  démonos conta que dentro deles había sorpresas diferentes, xa que algúns estaban cocidos e outros eran de xoguete.

E colorín colorado…. o parrulo feo converteuse nun cisne precioso.

Carapuchiña Vermella tamén no Mundo Máxico.

Publicado por nigran o 26 de Abril do 2010

O conto da “Carapuchiña Vermella” está tendo moito éxito no noso cole, por iso tamén foi o conto elexido para traballar na aula do Mundo Máxico.

Despois de que as nosas profes nos contaran o conto, quedamos tan abraiados co lobo feroz que quixemos ter un na nosa clase. Nós encargámonos de adornarlle os pantalóns de azul. Para iso, fixemos boliñas con papel de seda azuis e pegámolas no lugar adecuado.

Algún de nós, ca emoción do momento, non contivo as ganas de imitar cómo fai o lobo. Mete medo!!.

Cando rematamos pegamos o noso lobo ó lado da Carapuchiña. Quedou ben fermoso, ¿non sí?.

Ó día seguinte, quixemos facer unha merendiña como a que Carapuchiña lle levaba á súa avoa. Así que, as nosas profes preparáronnos unha boa merendola no patio.

Alí, tivemos a visita dunha Carapuchiña moi particular que nos volveu a contar o conto para lembrarnos todo o que lle sucedera. Tamén nos amosou todo o que levaba na súa cesta: pastel, galletas, mel, froita…

Despois, extendeu un mantel de cadriños no chan e comezou a sacar tódalas cousas que había dentro da cesta. Estaba todo boísimo!!. Ademais, deixounos probar a súa capa vermella. Pasámolo en grande con esta visita sorpresa.

Carapuchiña Vermella.

Publicado por nigran o 26 de Abril do 2010

Na clase dos Dragóns estamos a traballar un conto moi fermoso: o conto da “Carapuchiña Vermella”.

Mentres nos contaban a historia e todo o que lle pasara á Carapuchiña, nós estabamos moi caladiños e moi atentos para escoitar moi ben.

¿Sabedes que había un lobo feroz neste conto?. Pero non teñades medo porque ó final saía correndo e non lle facía nada de nada nin a Carapuchiña nin a súa avoa.

Como na nosa aula somos moi traballadores, pintamos de vermello a nosa Carapuchiña Vermella particular. Pincelada tras pincelada, quedounos moi bonita, ¿non opinades o mesmo?.

Mirade o resultado final. ¿Gústavos?. A nós encántanos mirala tódolos días na parede da nosa clase.