Arquivo do 21 de Abril do 2010
Publicado por nigran o 21 de Abril do 2010
Publicado en Aniversarios | 3 comentarios »
Publicado por nigran o 21 de Abril do 2010
Na aula dos Trasnos estamos de noraboa porque dúas das nosas nenas deixaron de usar cueiro.
Ademáis, son moi aplicadas e nunca se lles escapou nin unha gotiña. Moi ben pequenas!!.

Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 21 de Abril do 2010
Esta semana, no corredor do bosque encantado, temos un lugar máxico onde os contos se converten en historias que parecen case realidade.

Xunto coas nosas educadoras, visitamos este lugar cos ollos ben atentos, porque os contos teñen unha chea de imaxes ben fermosas con moitas cores, e as orellas ben abertas para escoitar as palabras que van saíndo e que case as podemos coller; a boca pechada con chave, para non facer ningún ruído e non romper a maxia da historia.
Con todo isto, xa podemos comezar:
“Había unha vez…”




Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 21 de Abril do 2010
Nestas últimas semanas comezamos co xogo heurístico na escola, cos nenos de Meigas, Dragóns e Fadas ( 1-2 anos).O xogo heurístico é unha actividade de xogo onde os nenos interactúan con diferentes tipos de material. O material que utilizamos nas sesións son obxectos naturais, de pel, metal, papel, madeira, cartón, corcho…evitando os materiais plásticos ou xoguetes convencionais que xa están ao seu alcance todos os días.


Contémplanse dúas fases:
1ºExploran os materiais e combinan os obxectos.











2ºRecollen os obxectos e os clasifican.

Cada aula vai un día á semana á aula da sesta de 1-2, xa que é un espazo baleiro onde os nenos/as vánse a atopar só o material que propoñamos. Material como piñas, tapadeiras de metal, bolas, corcho, bolas de lá, cunchas, culleres de pau, rolos de papel, teas….ademais de contenedores de metal.




Co exercicio continuado do xogo, intentaremos conseguir que:
-Fagan unha estructuración do seu pensamento.
- Aumente a súa capacidade de comprensión verbal.
- Concentren a súa atención na actividade.
- Coñezan propiedades dos materiais que manipulan.
- Experimenten sentimentos de éxito e fracaso.
- Valoren o material.
- Acepten e respecten aos seus compañeiros/as.
- Manteñan unha atmósfera de calma.
Etiquetas: xogo heurístico
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »