Arquivo do 23 de Abril do 2010

Temos un iglú na aula.

Publicado por nigran o 23 de Abril do 2010

Como estes días estamos traballando o tema dos contos, na aula de Fadas escollemos un conto chulísimo chamado “A casa redonda”.

Neste conto hai unha nena pequena chamada Wapiti, pero que vive nunha casa diferente: nunha casa completamente redonda!!. Vive nun iglú e está feito con xeo. Qué divertido sería vivir nun iglú!!.

Así que, como nos encanta este conto, as nosas mestras preparáronnos unha sorpresa na aula. Cando entramos había un iglú na clase!!. Como imaxinaredes, pasámolo en grande agochándonos dentro. Mirade, mirade…

Como o iglú de Wapiti é de xeo, nos tamén quixemos comprobar se era tan frío como se dicía no conto. E sí, está moi frío!!. Manipulamos moitos cubitos e un gran bloque cas nosas mans. Botade unha ollada ó ben que o pasamos…

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 23 de Abril do 2010

A palabra desta semana é:

carabuña

e vén sendo:

carabuña

< gr κάρυον ‘noz’

port:caroço     cast: cuesco     ingl: stone     alem: Stein s f BOT Corpo frutífero e leñoso dalgunhas plantas, como o endocarpo de froitas do tipo do pexego.

SIN: caguña, caroa, 1 coia, croia, garouba, gouña, pedra.

CFR: pebida.


Alex camiña só

Publicado por nigran o 23 de Abril do 2010

Na aula de Meigas, estamos de noraboa, Alex xa camiña só por toda a escola. Dentro de pouco verémolo correndo dun lado a outro.Noraboa Alex!!!!