Arquivo de Maio do 2010

Tomás xa quitou o cueiro.

Publicado por nigran o 31 de Maio do 2010

Na aula de Fadas estámonos a facer moi maiores e, por iso, cada vez somos máis os que sacamos o cueiro para ir ó baño.

Nesta ocasión foi o turno de Tomás, que xa vai ó baño él soíño e o está a facer moi ben. Noraboa Tomás!!.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 31 de Maio do 2010

A palabra que escolleran, para esta semana,

as profas d@s Fadas era:  codelo

e formaba parte do seguinte refrán:

Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer pequeno.

Somos xardineiros.

Publicado por nigran o 28 de Maio do 2010

Seguimos a traballar o tema das profesións, así que estes días na aula do Mundo Máxico, tocounos ser xardineiros. As nosas profes contáronnos que os xardineiros son as persoas que coidan dos xardíns, que regan as plantas, podan as árbores…

Coma no nosa escola temos moitas plantas e moitas árbores e tivemos uns días de moita calor, decidimos exercer nós mesmos de xardineiros e ir regar cunha regadeira ben grande. Iso sí, a agua era ben fresquiña para que tódalas plantas medren moitísimo.

Os xardineiros tamén se encargan de plantar, así que nós non iamos a ser menos. Primeiro decoramos con gomets de moitas cores os nosos testos para que quedaran ben bonitos. Logo, enchemos os testos con terra ata a metade e puxemos as sementes das nosas plantas. Un pouquiño máis de terra para cubrir as sementes e xa só faltaba regar a terra.

Agora, xa estamos ansiosos por ver cómo medran as nosas plantas!!.

En Trasnos xa non usamos cueiro.

Publicado por nigran o 28 de Maio do 2010

Na aula de Trasnos xa somos todos moi maiores e, por iso, xa quitamos todos o cueiro e vamos ó baño moi contentos.

Nestas últimas datas sacamos o cueiro 3 nenos e estamos encantados co divertido que é ir ó baño e tirar da cisterna.

África

Manu

Marta

Noraboa a todos por levalo tan ben!!.

CAMAREIR@S

Publicado por nigran o 28 de Maio do 2010

Estamos preto da época de verán e na zona do Val Miñor o traballo máis solicitado é o da hostelería, por iso os nen@s da escola, na aula de Meigas e Trasnos, xogaron a facer de camareir@s por un día.

En Meigas, levaron a bandexa co obxetivo de traballar o equilibrio, servíronlle café con leite ao osiño que estaba na mesa;  fixérono moi ben e gozaron moito coa actividade.

Na aula dos Trasnos, fixeron un cóctel moi coñecido , San Francisco (versión Trasnos); estaba moi rico e decoraron os vasos con azucre e froita.

Antía xa ten 3 anos.

Publicado por nigran o 27 de Maio do 2010

Este pasado venres houbo festa de aniversario na aula de Unicornios. Antía festexaba con tódolos seus compañeiros os seus 3 aniños!!.

Entre todos sopraron as 3 candeas da súa tarta de aniversario, pero tiveron que facelo moi pero que moi forte xa que eran moitas candeas. Iso sí, coma son tan maiores, fixéronno ben á primeira.

Todos lle desexamos moitísimos parabéns a Antía.

Perruqueir@s

Publicado por nigran o 27 de Maio do 2010

Na escola nos gustou moito facer de perruqueir@s e na aula de Fadas e Mundo Máxico fixemos o noso salón de peiteados particular.

En Fadas, disfrutamos moito peiteandonos e mirandonos no espello. A boneca tamén fixemoslle un peiteado entre todos.

En Mundo Máxico ( unidade da tarde) disfrutaron moito no salón de peiteados, eles mesmos peiteaban os seus compañeir@s e Adriana foi a protagonista xa que tamén saíu maquillada.

Visita da perruqueira.

Publicado por nigran o 27 de Maio do 2010

Debido a que estamos a traballar o tema dos oficios, esta semana viunos a visitar unha perruqueira para amosarnos o seu traballo. Así que, aproveitamos a súa visita, e montamos para a ocasión un salón de peiteados na nosa escola.

Iria mostrounos as súas dotes de perruqueira peiteando os nen@s da escola, utilizando peines e cepillos, rulos, secador,… e tamén maquillou e pintou as nenas. Quedaron todos guapísimos e se portaron moi ben coa toalla e a capa postas .

Moitas grazas Iria por mostrarnos o teu oficio e pasar un rato divertido. Ata pronto.

Elsa sen cueiro

Publicado por nigran o 26 de Maio do 2010

En Fadas estamos de noraboa, Elsa a nena máis pequena desta aula xa non usa cueiro. Vai moi contenta o baño  e tira da cisterna ela soiña.

Festa das Letras Galegas.

Publicado por nigran o 25 de Maio do 2010

Este pasado venres houbo festa na nosa escola con motivo do Día das Letras Galegas. Este ano como está adicado ó escritor Uxío Novoneyra, en cada aula traballamos un poema seu.

En Meigas traballamos un moi fermoso que falaba de vacas!!.

Na aula de Dragóns, traballamos un que falaba de flores. Era chulísimo!!.

O poema de Fadas tamén era moi fermoso, pois falaba dun cuco.

No poema da clase dos Trasnos tamén había vacas, pero ademáis había moita auga por iso tiñamos uns paus de auga feitos por nós.

Na aula dos Unicornios o poema tamén tiña flores!!.

Os nenos da aula do Mundo Máxico o que fixemos foi pintar unhas imaxes de Uxío Novoneyra, despois de que as nosas profes nos explicaran un pouquiño quen era e qué facía.

Pasámolo en grande todos xuntos nesta gran festa, así que para lembralo fixémonos unha foto ben bonita. Foi moi divertida!!.