Arquivo do 11 de Maio do 2010

Aisha e Maino xa camiñan

Publicado por nigran o 11 de Maio do 2010

Na aula de Meigas estamos de noraboa. Aisha, que levaba  un tempo que sí que non, soltouse a camiñar e a corricar pola escola;  tiña moito medo e botou moito tempo camiñando con axuda. Parabéns.

Tamén Maino, pouco a pouco, xa vai camiñando moito máis. Noraboa pequerrecho!!

Xogamos coas sombras

Publicado por nigran o 11 de Maio do 2010

O luns pasado comezamos cun novo tema :”Xogamos coas sombras”, para non ter moito medo á escuridade total da nosa aula da sesta de 1-2. Preparada para a ocasión, primeiro, na aula,  agochámonos debaixo de mantas e coas luces apagadas, comezamos a xogar coas lanternas; pouco a pouco fomos descubrindo que as lanternas non eran todas iguais e, por iso, non iluminaban da mesma forma na parede, teito ou chan.  Pasámolo xenial descubrindo que na parede reflectíase a nosa sombra.

A sombra da nosa silueta foi o máis divertido.

Tamén fixemos teatro de sombras e, nalgunhas aulas, os nen@s quedaron abraiados a pesar de que as imaxes non tiñan cor.