O luns pasado comezamos cun novo tema :”Xogamos coas sombras”, para non ter moito medo á escuridade total da nosa aula da sesta de 1-2. Preparada para a ocasión, primeiro, na aula, agochámonos debaixo de mantas e coas luces apagadas, comezamos a xogar coas lanternas; pouco a pouco fomos descubrindo que as lanternas non eran todas iguais e, por iso, non iluminaban da mesma forma na parede, teito ou chan. Pasámolo xenial descubrindo que na parede reflectíase a nosa sombra.














A sombra da nosa silueta foi o máis divertido.



Tamén fixemos teatro de sombras e, nalgunhas aulas, os nen@s quedaron abraiados a pesar de que as imaxes non tiñan cor.
Esta entrada foi publicada
o Martes, 11 Maio do 2010 ás 07:57 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
11 de Maio de 2010 ás 11:24
Que actividad mais bonita, que boas ideas!! as fotos quedaron estupendas. Moitos parabens chicas!!
11 de Maio de 2010 ás 21:21
A verdade é que lles encanta xogar cas lanternas, pásano de medo!!.
Grazas Ana, con eloxios así da gusto.