Visita da perruqueira.

Debido a que estamos a traballar o tema dos oficios, esta semana viunos a visitar unha perruqueira para amosarnos o seu traballo. Así que, aproveitamos a súa visita, e montamos para a ocasión un salón de peiteados na nosa escola.

Iria mostrounos as súas dotes de perruqueira peiteando os nen@s da escola, utilizando peines e cepillos, rulos, secador,… e tamén maquillou e pintou as nenas. Quedaron todos guapísimos e se portaron moi ben coa toalla e a capa postas .

Moitas grazas Iria por mostrarnos o teu oficio e pasar un rato divertido. Ata pronto.

1 comentario a “Visita da perruqueira.”

  1. Marián dixo:

    Os nenos pasáronno en grande ca visita de Iria. Ademáis, quedaron todos guapísimos con tantas cousas como lles fixo!!.

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe