Arquivo de Maio do 2010
Publicado por nigran o 24 de Maio do 2010
Esta semana tócalle xogar ás profas d@s Fadas.
Escolleron unha palabra que forma parte dun refrán.
Amigos que loitan por un codelo, ou a fame é moita ou o querer pequeno.
Se sabedes o que significa, podedes facer unha anotación e, a maiores, podedes comentar o refrán.
Tamén, a Caixa das Palabras do Centro, está á espera dos vosos comentarios.

Etiquetas: codelo
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 21 de Maio do 2010
A palabra desta semana, papullo, vén sendo:
papullo
cast:pulpejo s m
Masa carnosa, redondeada e mol, propia dalgunhas partes do corpo humano como as xemas dos dedos.

Cartel do Festival de Títeres de Redondela
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 21 de Maio do 2010
Etiquetas: carteiro, oficio
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Maio do 2010
Etiquetas: mago, maxia
Publicado en Aniversarios | 5 comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Maio do 2010
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Maio do 2010
Na aula de Dragóns xa temos a outro neno moi maior que non precisa cueiro. Esta vez é Leo o que deixou o cueiro atrás e vai ó baño moi contento.
Moi ben Leo!!.

Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Maio do 2010
Esta semana tocoulles escoller a palabra do noso xogo ás profas dos Dragóns, Marián e Olalla.
Agasalláronnos coa seguinte palabra:
PAPULLO

Etiquetas: papullo
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 18 de Maio do 2010
Esta semana escolleu palabra a irmá de Adriana, da unidade da tarde (Mundo Máxico)
chifre
port: chifre
cast: silbato
ingl: whistle
alem: Pfeife s
m Instrumento que emite un son agudo cando se sopra nel.
| SIN: |
asubío, pito.

|
Etiquetas: asubío, chifre, Engadir nova etiqueta
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 14 de Maio do 2010
Nestes últimos días, estivemos a traballar na escola a luz negra. Con ela poidemos comprobar que alumeaba a cor branca e as cores fosforescentes. Era máxico!!.






Así que, un dos días, pegamos un papel continuo no chan e nos dedicamos a pintalo con rotuladores fosforescentes. Pintámolo de rosa, de laranxa, de amarelo…, e nos quedou todo ben bonito.




Pero como nos decatamos de que brillaba tanto ca luz negra, pensamos qué acontecería se nos pintabamos as mans. E sorpresa: tamén resplandecían!!. Así que comenzamos a pintarnos un pouquiño o corpo e foi moi divertido.




O día seguinte tocoulle o turno ó confeti. Para ese día, as nosas profes preparáronnos diversas caixas cheas de tiras de papel branco e de papel fosforescente. Tamén había tiras moi longas colgadas do teito. Pasámolo de marabilla tirándonos confeti uns ós outros e baleirando as caixas por completo. E, por suposto, tamén lles tiramos confeti as nosas profes!!.




E sabedes qué máis nos tiñan preparado as nosas profes?. Unha sorpresa moi máxica: un conto que brillaba moitísimo ca luz negra. Era o conto chamado “La luna” e nos encantou.


Etiquetas: LUZ NEGRA
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 13 de Maio do 2010
Na aula de Meigas seguimos de noraboa, xa que Uxía botouse a dar os seus primeiros pasos e cada vez o está a facer mellor, agora a corretear por toda a escola. Parabéns pequena!!!
Etiquetas: camiñar
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »