Arquivo de Xuño do 2010

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 28 de Xuño do 2010

Esta semana, as profas das Fadas,

Lidia e Tania,

agasalláronnos cunha

adiviña:

Pínguili pínguili está pingando,

mínguili mínguili está mirando,

se pínguili pínguili caera,

mínguili mínguili o comera.

Vai unha pistiña

Outra pista

E agora, suma: imaxen 2 + imaxen 1 =

ANIVERSARIO IÑAKI

Publicado por nigran o 28 de Xuño do 2010

Na unidade da tarde, estivemos festexando o aniversario de Iñaki que cumpriu 2 aniños.

Os seus compañeir@s de Mundo Máxico e as súas profes Marián e Tamy fixémoslle unha festa onde soprou as dúas candeas, tivemos merendola e baile con confetti.

Tamén axudamos a decorar a postal de felicitación polo seu aniversario, para que a levara de recordo dun día tan especial.

Moitos parabéns Iñaki.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 25 de Xuño do 2010

A palabra desta semana, cacharela, que tiñan escollido as profas dos Dragóns, vén sendo:

cacharela

< lat *quassare ‘escachar, romper’

port: fogueira     cast: hoguera     ingl: bonfire     alem: Scheiterhaufen, Lagerfeuer

1 s f Conxunto de leña ou doutros materiais deitados no chan que se queiman e producen fortes lapas.<!––>

2 cacharela de San Xoán ETN Conxunto de leña, toxos, xestas ou piornos que se amontoan na véspera de San Xoán. Á noitiña préndeselle lume e faise unha roda ao redor, mentres se baila e aturuxa. Ó se consumir a leña, sáltase por riba das últimas lapas para tirar os meigallos do corpo.<!––>

SIN: 2 cacheira, 1 cachela, fogueira, larada, lumarada, lumeirada, lumieira.

saltando a cacharela
saltando a cacharela


Festa roqueira!!

Publicado por nigran o 23 de Xuño do 2010

Pasámonos varias semanas ensaiando as actuacións da festa de fin de curso e, a medida que ían transcorrendo os días, máis nervios aparecían. O día grande estaba a punto de chegar!!.

Pero antes diso, as nosas profes se encargaron de engalanar o salón da escola para tal evento. Había globos de cores, notas musicais por todos sitios, discos de vinilo, guitarras eléctricas… Xa estaba todo listo para que dera comezo o “Rock in Nigrán”.

E, por fin, o venres pasado chegou a tan ansiada e desexada festa de fin de curso da nosa escola. Festexamos o remate deste curso cunha gran festa roqueira, na que tanto os nenos como as profes iamos vestidos ó máis puro estilo rock. E mirade o roqueiros que somos!!.

Mentres, as familias enchían o salón espectantes ante o que ían a presenciar. Ata había público vestido de roqueiro!!. Tódalas cámaras de vídeo e de fotos xa estaban listas esperando a entrada dos nenos.

De súpeto apareceu no escenario a presentadora: Tamara Superstar. Ela foi dando paso unha a unha ás distintas aulas, todas por orde.

Mundo Máxico foron os primeros en romper o xeo coa súa actuación ” El auto nuevo de Fofó”.

De seguido a actuación de Meigas, que fixo unha coreografía ca canción ” Para bailar la bamba”

Logo tocoulle o turno a Dragóns que fixeron un baile de parellas ca canción “Chica rock”

Despois viñeron a aula de Fadas cun rock para bebés e nen@s adaptado da canción tan popular do grupo “Queen”.

Chegou a hora das actuacións máis especiais deste ano, a das aulas dos maiores, xa que é a última nesta escola, por iso sen nervios e con moita ledicia saíron ó escenario, xa que algúns deles son veteranos (levan dous cursos na escola).

Comezaron a aula de Trasnos cunha coreografía do baile de Xuxa, “Ilariilarilé”.

E Unicornios pechou as actuacións cunha coreografía da canción de “Greasse”.

As profas Tamy, Zaida, Bárbara e Maribel dixeron unhas palabras a familias e  nen@s para despedirse, xa que se van ó “cole dos maiores” como din eles.Aínda que as despedidas son duras e houbo algunha bágoa, os bos momentos son os que quedan, por iso os nen@s de Trasnos, Unicornios e ata Golfiños e Cabaliños de mar foron recordados e sempre o estarán.

Chegou a hora dos agasallos para os nen@s. Todos recibiron un dvd coas fotos e un pequeno vídeo de todo o curso 09/10; e os maiores recibiron unha orla e un diploma como finalización da etapa 2-3 anos. Unha persoa por familia saía ó escenario a recoller o agasallo e, aproveitando a ocasión, inmortalizamos o momento cunha foto.

Antes da actuación dos títeres bailamos todos xuntos o baile “Manitas arriba e manitas abaixo”, os nen@s, que xa o ensaiaran,  fixérono moi ben e disfrutaron ao grande.

Tivemos uns aperitivos para todos, que nos fixeron Marisa, Charo e Ana; con sandía e melón para refrescarnos co día caloroso que tivemos.

Tamén tivemos a visita especial de “Roger e as súas marionetas” que nos contou algún conto e fixo bailar as súas marionetas ao son do saxofón.

Agradecemos a todas as familias a súa colaboración na festa xa que os nen@s viñeron moi ben vestidos para a ocasión; ao Concello por traernos a actuación de Roger, a Ana por facernos as fotos da festa .


Aniversario de Jacobo.

Publicado por nigran o 21 de Xuño do 2010

A semana pasada tivemos festa de aniversario na aula de Fadas, pois Jacobo festexou os seus dous aniños.

Axudado polos seus compañeiros soprou as dúas candeas da tarta, xogou co confeti e, de agasallo, recibiu una postal moi fermosa pintada por tódolos nenos.

Moitos parabéns Jacobo!!.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 21 de Xuño do 2010

A palabra desta semana é:

cacharela

e escollérona as dos Dragóns, Olalla e Marián

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 21 de Xuño do 2010

A palabra desta semana era:

Londra

e escollérona as profas das Meigas, Tamara e Encarna.


londra

< lat Lutra

1 s f ANIMAL Mamífero da familia dos mustélidos, dos xéneros Lutra, Pteronura, Aonyx e Enhydra, que se caracteriza por ter un tronco longo e flexible e unha cabeza esmagada e ancha. As patas son pequenas, con cinco dedos unidos por unha membrana. O pelo é denso e curto.<!––>

2 londra común s f ANIMAL Mamífero carnívoro, da familia dos mustélidos, de corpo alongado, extremidades curtas, cabeza ancha e aplanada, cos ollos, oídos e orificios nasais desprazados cara a parte superior. O pelame é castaño cunha mancha máis clara na gorxa.<!––>

3 londra mariña ANIMAL Mamífero carnívoro da familia dos mustélidos, co pelame negro con reflexos arxénteos, e é moi apreciado en peletaría.<!––>

SIN: lontra.

FESTA FIN DE CURSO 09/10

Publicado por nigran o 17 de Xuño do 2010

10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3…..comeza a conta atrás. Falta un día e unhas horas para que na Escola Infantil de Nigrán teña lugar a Festa fin de curso. Este ano ten como temática “Somos uns roqueiros”

Nen@s e familias ide preparando a vosa vestimenta e as vosas ganas de bailar e pasalo ben!!!!!!!

Esperámosvos ás 16:30!!!! recordade que este día pechamos ás 15:00 horas para volver ás 16:30.

Educación vial.

Publicado por nigran o 14 de Xuño do 2010

A semana pasada estivemos traballando, dentro do tema “Paseo pola miña rúa”, os diferentes medios de transporte. Os nen@s aprendemos os sinais de tráfico máis importantes, as cores dos semáforos, o oficio de policía urbano…

Para saber se estabamos preparados para poder saír á rúa, con seguridade, cos nosos coches e motos, as profas fixéronnos un exame de conducir.

Aprobamos todos e levamos para a casa o carné de conducir da Escola.

Xogando co léxico

Publicado por nigran o 14 de Xuño do 2010

A palabra desta semana  escollérona as profas de meigas:

LONDRA

se sabedes o seu significado podedes deixalo a modo de comentario no blog ou na caixa das palabras da escola.

Deix,amosvos unha pista para que sexa máis doado.