Arquivo de Xuño do 2010

Xoguetes de refugallo.

Publicado por nigran o 11 de Xuño do 2010

Na nosa escola quixemos celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente elaborando os nosos propios xoguetes aproveitando material de refugallo.

Na aula de Meigas fixemos un fermoso colgante para lucir nos nosos pescozos. Pintámolo de amarelo para que fora máis chamativo e máis bonito e logo, ca axudiña das nosas profes, puxémoslle un cordeliño para poder colgalo. Mirade qué guapos estamos con él!!.

Na clase dos Dragóns, elaboramos uns bolos para xogar entre todos. A varias botellas de auga baleiras pegámoslles gomets de moitas cores diferentes. Cantos máis gomets tiñan as botellas máis bonitos ían quedando os nosos bolos. Así, tan só faltaba colocalos e darlle moi forte cunha pelota. Pasámolo en grande xogando na clase con eles!!.

En Fadas o que fixemos foi uns avións chulísimos. Para iso, gardamos envases de iogures bebibles e de batidos, lavámolos moi ben e lles pegamos gomets. Despois as nosas profes puxéronlles uns paus de xeados a modo de ás.

Na aula de Trasnos e na do Mundo Máxico elaboramos uns lentes para ver ó lonxe. Pegamos gomets de cores a uns rolos de papel hixiénico. Feito isto, e axudados polas nosas mestras, pegamos papel celofán de cor vermello nun dos orificios. Así, tan só nos restou pasarlle un cordel para poder colgalo no pescozo. Gustounos moito porque todo era de cor vermello!!.

Aniversario de Noa e Lucas.

Publicado por nigran o 11 de Xuño do 2010

Hoxe, na aula dos Trasnos, houbo festa rachada pois dous trasniños cumpriron 3 anos. Noa e Lucas quixeron festexar con tódolos seus compañeiros e cas súas profes o seu aniversario.

Entre todos sopraron moi forte para apaga-las 3 candeas da súa tarta. Como xa son nenos moi maiores fixéronno de marabilla. Logo, os seus amiguiños agasalláronlles cunha fermosa postal pintada por eles para que tiveran un recordo dun día tan especial e tan divertido.

Moitos parabéns Noa e Lucas!!.

O supermercado da escola.

Publicado por nigran o 11 de Xuño do 2010


Despois da nosa excursión ó supermercado, quixemos poñer en marcha na  escola o noso propio supermercado. Así, enchemos o noso salón, cunha morea de caixas de galletas, de cereais, iogures de sabores, cartóns de leite, xel de baño…

Cargados cas bolsas da compra, escollemos todo o que precisabamos e, por suposto, tamén algún caprichiño como xeados ou galletas de chocolate. Había moitas cousas distintas e custounos algo de traballo decidirnos, pero ó final fixémolo moi ben.

O ter o que queriamos metido nas bolsas pasamos por caixa para pagar o que  levabamos. Tiñamos billetes e algunha moeda. Que divertido e xogar ás tendas!!!!! Agora xa podemos axudar ás nosas familias cando vaiamos ó supermercado.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 11 de Xuño do 2010

A palabra que escolleron esta semana as profas de Unicornios, Mulime, ten o seguinte significado:

MULIME

s m Conxunto de vexetais cortados que se bota nas cortes para que o gando estea seco e faga esterco.

SIN: valume, batume, esquilmo, estrume,molime

xogando co léxico

Publicado por nigran o 7 de Xuño do 2010

Esta semana escollen palabra as profas dos Unicornios.

Escolleron a seguinte:

MULIME

Se sabedes o que é, deixade un comentario ou depositade a solución na Caixa das Palabras da Escola

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 5 de Xuño do 2010

A palabra que escolleran as profas dos Trasnos, verdello, é:

1 adx Que tira á cor verde.

2 s m PROTISTA Comunidade de algas microscópicas

filamentosas.

3 s m Conxunto de plantas verdes e miúdas que se

forman sobre unha superficie húmida.

Saída a un supermercado.

Publicado por nigran o 2 de Xuño do 2010

Este luns foi un día moi especial para os nenos máis maiores da escola (aulas de Trasnos e de Unicornios), pois saímos de excursión a un supermercado.

Como o supermercado está preto da nosa escola só fixo falta agarrarnos ben ós paseadores ou as cordas que levamos, poñernos as nosas gorras para que non nos dera o sol, pegarnos nos mandilóns uns adhesivos cos nosos nomes e apelidos e comezar a camiñar. Ademáis, tamén nos acompañaron na excursión a mamá de Raúl e a mamá de Hugo e Manuel.

Durante todo o percorrido estivemos cantando moitas cancións e se nos fixo o camiño moi curto. Cando se rematou a beirarrúa tivemos que cruzar un paso de peóns, así que parámonos, miramos ben para os dous lados da carreteira e, como non viña ningún coche, cruzamos.

Unha vez dentro do supermercado percorremos tódalas súas seccións. Observamos a froitaría, a peixaría, a chacinaría… Tamén estivemos polos distintos corredores que había: o da leite, o da auga, o de galletas… O supermercado era moi grande e había moitísimas cousas.

Pasámolo en grande durante toda a saída!!. Moitas grazas a todo o persoal do supermercado por tratarnos tan ben e ás mamás de Raúl e de Hugo e Manuel por acompañarnos.

Aniversario de Nahir e Xandre.

Publicado por nigran o 1 de Xuño do 2010

Este pasado venres, na aula dos Unicornios, houbo festa de aniversario por todo o alto. Dous dos seus nenos cumprían 3 aniños: Nahir e Xandre.

Para festexalo sopraron as 3 candeas da súa tarta de aniversario. Iso sí, aínda que xa son moi maiores, necesitaron algo de axudiña do resto dos seus compañeiros porque as candeas resistíanse un pouquiño. Logo, bailaron e disfrutaron da festa todos xuntos!!.

Moitos parabéns ós dous!!.

Visita dunha vixiante de seguridade.

Publicado por nigran o 1 de Xuño do 2010

Seguimos a traballar o tema dos oficios e, grazas a iso, estamos recibindo unhas visitas moi enriquecedoras. Xa nos visitaron os carterios e unha perruqueira para amosarnos os seus traballos.

A última en visitarnos para contarnos o que fai no seu traballo foi a mamá de Antonio. Ten un traballo moi chulo, pois traballa de vixiante de seguridade nun museo e está todo o día rodeada de obras de arte!!. Como nos contou cousas moi fermosas estivemos todo o tempo moi caladiños e moi atentos.

Contounos que nos museos non se pode berrar, nin correr, nin tocar os cadros porque senón se poden estropear. Ademáis, leva un chifre que nos deixou tocar. E vaia ruído facía!!.

Despois, amosounos un libro do museo no que saían moitísimas obras dun gran pintor galego chamado Laxeiro. E, como nos portamos tan ben e estivemos tan atentos ás súas explicacións, nos deixou moitas fotocopias dun cadro de Laxeiro para que nós as pintáramos como máis nos gustase.

Moitas grazas á mamá de Antonio por facernos unha visita tan artística!!.

MENÚS DE XUÑO

Publicado por nigran o 1 de Xuño do 2010

Familias, aquí tedes os enlaces para consultar os

menús do mes de xuño:

Menú xeral xantar

Menú xeral merenda

Menú bebes xantar

Xantar sen ovo

Xantar sen lactosa

e… a media mañá:

A parva de xuño