Arquivo de Xullo do 2010

MENÚS DE AGOSTO

Publicado por nigran o 30 de Xullo do 2010

Familias:

deixámosvos aquí os enlaces para que consultedes os

menús de agosto

Xantar bebé

Xantar xeral agosto

Xantar sen lactosa agosto

Xantar sen ovo

Merenda xeral

Merenda sen lactosa

A parva

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 30 de Xullo do 2010

Esta semana escolleu a palabra do noso xogo a cociñeira de Centro, Anita.

Propúxonos xogar con:

ESTRULLAR

Apertura das Olimpiadas

Publicado por nigran o 28 de Xullo do 2010

Na escola de Nigrán, para fomentar o deporte , estamos a levar a cabo unhas olimpiadas moi especiais, o luns 26 tivo lugar a festa de apertura, onde prendemos o facho olímpico e os nenos de cada aula viñeron vestidos de diferentes deportes: Meigas de fútbol, Dragóns de tenis, Fadas de baloncesto, Trasnos de natación e Unicornios de atletismo.

Para o discurso de inauguración tivemos o privilexio de contar coa patrocinadora olímpica Charo, que nos deleitou cunhas palabras de ánimo para estes días de intensas probas como a carreira de velocidade, obstáculos e baloncesto.

Despois do gran discurso, tivemos fogos artificais de confetti  que deron lugar o comezo das olimpiadas en Nigrán.

Para finalizar esta gran festa tivemos un gran baile con música referente ás olimpiadas. Bailamos e bailamos.

Despois de tanto baile tocou a hora da relaxación.

Agora a entrenar duro para poder participar nas probas olímpicas. Ánimo!!!!!

Día de Galicia.

Publicado por nigran o 27 de Xullo do 2010

Este pasado venres día 23 fixemos unha gran festa na nosa escola para celebrar o Día de Galicia, que este ano coincidiu en domingo. Para iso, reunímonos todos no salón porque as nosas profes nos dixeron que iamos a ter unha visita sorpresa. Como este ano é Ano Xacobeo, algúns dos nosos nenos ían vestidos coma auténticos peregrinos.

Cando estivemos todos sentados e ben atentos, de súpeto comezou a soar unha música de pandeiretas e unhas voces que cantaban ben forte. Quen cantaba?. Por detrás de nós saíron as nosas profes Tamara e Lidia vestidas cuns traxes fermosísimos. E cantaban e tocaban as súas pandeiretas. Vaia sorpresa!!.

Cantáronnos moitas cancións e, como é normal, abraiados que estabamos. Logo, cada unha delas amosounos todo o seu vestiario. A profe Tamara levaba o traxe de gala e a profe Lidia o traxe de faena. Tiñan unha morea de prendas postas: pañoletas, saias, mandís, medias…

E as sorpresas non remataron aí, pois a profe Lidia agasallounos cunha canción tocada nun instrumento que nunca miraramos: unha zanfoña. Ata nos deixou a nós tocala un pouquiño!!.

Pero aí non rematou a festa, xa que tamén tocamos o tamboril e bailamos ó son da música. E, como xa  é tradición na nosa escola, houbo moitísimo confeti.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 23 de Xullo do 2010

A palabra desta semana. CERNIZO, vén sendo

cernizo

< lat circinitiu

port: espinhaço     cast: espinazo     ingl: spine     alem: Rückgrat s m Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.

SIN: aranguelo, arelo, carrelo, carriñouzo, cerrizo, cerro do lombo, columna vertebral, espiña (dorsal), espiñazo.


Trasnos e Unicornios vanse ao cole dos maiores

Publicado por nigran o 21 de Xullo do 2010

Xa falta pouco para rematar o curso 09/10 na escola de Nigrán, por iso o equipo educativo quere mandarlle un bico e unha aperta a todos os nen@s da aula de Trasnos, Unicornios e os maiores de Mundo Máxico, e dicirlle non un adeus senón un ata pronto, xa que esperamos que nos veñan  visitar.

Moita sorte no “cole dos maiores” como din eles.

Orla Trasnos

Orla Unicornios

Imos de safari.

Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010

Onte, aproveitando o bo tempo que temos estes días, saímos ó patio a facer unha excursión un tanto peculiar. Fixemos un safari igualiño ós que se fan na selva!!.

Había moitísimos animais e algúns estaban un pouco agochados, pero nós descubrímolos todos. Así, observamos que no alto dunha árbore había un orangután branco.

Seguimos camiñando e , de súpeto, apareceron uns animais moi altos. Eran dúas xirafas e estaban comendo as follas das árbores.

Esta visita  estabános fascinando así que seguimos camiñando para ir coñecendo máis animais. O seguinte en aparecer foi unha serpe. Foi un pouco difícil atopala, pois estaba toda enroscada nas pólas da árbore e, como tamén era verde… Pero poñendo moita atención descubrímola.

Queredes saber qué máis había no noso safari?. Pois tamén estaba por alí o rei da selva: o león!!.

Un pouquiño máis adiante atopámonos cunha sorpresa no alto dunha árbore. Había unha tarántula que tiña moitas patas. Pero non nos deu medo porque sabiamos que era boa. Algún de nós ata foi capaz de tocala.

Despois desta sorpresa, miramos a un animal moi grande. Era un hipopótamo!!.

Tralo hipopótamo estaba un animal que se parecía un pouco a un cabalo, pero con raias negras. As nosas profes  dixéronnos que era unha cebra.

E, xa por último, estaba o crocodilo ca súa gran boca toda aberta. Así, comprobamos que ten moitos dentes. Estaba refrescándose un pouquiño na auga dunha fochanca, porque os crocodilos viven na auga.

Despois de mirar a tódolos animais, sentámonos na sombra para que as nosas profes nos cantasen algunhas cancións de animais. Ademais, lembramos entre todos os animais que acababamos de ver. No noso safari tiñamos leóns, xirafas, serpes, tarántulas, monos, hipopótamos, crocodilos, cebras…

ANIVERSARIO JUAN

Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010

En Meigas festexamos o aniversario de Juan, é o máis maior da aula, xa que cumpriu dous aniños.

Soprou as dúas candeas e cantámoslle a canción de aniversario coa axuda das profas, e despois de darlle a postal para recordar o seu primer aniversario na escola, tocou a hora da merendola, bailar e xogar con confetti.

MOITOS PARABÉNS JUAN!!!

ANIVERSARIO LUCÍA

Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010

Lucía cumpriu tres aniños e na aula de Unicornios o festexamos por todo o alto con merendola e música.

O pasamos xenial todos xuntos bailando e cantándonlle “Parabéns para ti…”, para recordar este día tan especial regalamoslle unha postal e unha coroa.

MOITOS PARABÉNS LUCÍA

SEN CUEIRO

Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010

Na aula de Fadas nos estamos a facer moi maiores, por iso estamos comezando co control de esfínteres cos últimos nen@s que quedan con cueiro. Algúns deles xa o teñen totalmente superado e xa van soíños ao baño e tiran da cisterna. Noraboa a Celeste e Saúl.

CELESTE

SAÚL