Publicado por nigran o 2 de Xullo do 2010
A semana pasada festexamos por todo o alto o día das cacharelas de San Xoán e, como non podía ser menos, tamén tivemos unha cacharela no noso patio. No alto da nosa fogueira estaba o Meco observando todo e presidindo a festa.

Saímos ordeadamente, por aulas, ó patio para sentarnos rodeando á cacharela. Cando xa estabamos todos ben sentados comezamos a cantar ”Aserrín, aserrán” e varias cantigas máis.




Despois, e como nos pediran o día anterior as nosas profes, cada un de nós levaba nas mans algunha das herbas típicas de San Xoán: malva, fiuncho, romeu… Levantámonos por clases para meter as nosas herbas nas tinas cheas de auga. Contáronnos que deixando as herbas na auga toda a noite, ó día seguinte poderiamos lavarnos a cara con esa auga e ata levar unha pouquiña de auga para as nosas casas nunha botella.




Tras todo isto tan só faltaba un pequeno detalliño: había que poñer un pouco de acivro na auga por si o demo quería vir a mexar nas nosas herbas e así pincharía o cu. Diso encargouse Vero, unha profe que está estes días a botarnos unha man no cole.


Cando xa estivo todo listo comezou o baile e o turno de saltar a cacharela, con un pouco de axuda claro. Pasámolo en grande.




Ó día seguinte, e xa nas aulas, lavamos a cara ca auga e metémola en botellas cun funil para levar un pouco para casa. Que ben cheiraba e que fresquiña estaba!!.




No Mundo Máxico pola tarde tamén tivemos festa con música, cacharela, herbas de San Xoan e, por suposto, salto. Mirade, mirade…






Ó día seguinte tamén lavamos a cara ca auga de San Xoan e nos gustou moito a experiencia.




Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »