Arquivo do 8 de Xullo do 2010

Actividades refrescantes!

Publicado por zaida_nigran o 8 de Xullo do 2010

Neste mes de xullo tan soleado, na nosa escola estamos a traballar o tema “Que calor vai!” Por eso realizamos obradoiros e actividades moi refrescantes.

O primeiro que fixemos foi poñernos en contacto coa auga.

Despois fomos engadindo distintos utensilios e recipientes para que puideramos experimentar, trasvasar…

e ata pintamos nas paredes coa auga!


Noutras sesións nas aulas e nos patios xogamos con pompas de xabón e ata fixemos espuma!




Colección verán 2010

Publicado por nigran o 8 de Xullo do 2010

Coa chegada do verán os nenos e nenas da nosa escola prepararon as vestimentas propias desta estación tan calurosa.

Ollade o ben que se miran con estas prendas cheas de cor e cos accesorios como as gafas,pareos…

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 8 de Xullo do 2010

A palabra desta semana, achourilar, vén sendo:

Achourilar

SINÓNIMO: ABOUXAR

port:atordoar     cast: aturdir     ingl: to deafen     alem: betäuben, verblüffen

v t Causar atordamento ao elevar a voz ou ao producir ruídos molestos e estridentes.

SIN: achourilar, atronar, axordar, enxordecer, axotar, escorrentar, espantar.

CFR: aloular, atordar.