Arquivo do 20 de Xullo do 2010
Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010
Onte, aproveitando o bo tempo que temos estes días, saímos ó patio a facer unha excursión un tanto peculiar. Fixemos un safari igualiño ós que se fan na selva!!.
Había moitísimos animais e algúns estaban un pouco agochados, pero nós descubrímolos todos. Así, observamos que no alto dunha árbore había un orangután branco.

Seguimos camiñando e , de súpeto, apareceron uns animais moi altos. Eran dúas xirafas e estaban comendo as follas das árbores.


Esta visita estabános fascinando así que seguimos camiñando para ir coñecendo máis animais. O seguinte en aparecer foi unha serpe. Foi un pouco difícil atopala, pois estaba toda enroscada nas pólas da árbore e, como tamén era verde… Pero poñendo moita atención descubrímola.


Queredes saber qué máis había no noso safari?. Pois tamén estaba por alí o rei da selva: o león!!.

Un pouquiño máis adiante atopámonos cunha sorpresa no alto dunha árbore. Había unha tarántula que tiña moitas patas. Pero non nos deu medo porque sabiamos que era boa. Algún de nós ata foi capaz de tocala.


Despois desta sorpresa, miramos a un animal moi grande. Era un hipopótamo!!.


Tralo hipopótamo estaba un animal que se parecía un pouco a un cabalo, pero con raias negras. As nosas profes dixéronnos que era unha cebra.

E, xa por último, estaba o crocodilo ca súa gran boca toda aberta. Así, comprobamos que ten moitos dentes. Estaba refrescándose un pouquiño na auga dunha fochanca, porque os crocodilos viven na auga.


Despois de mirar a tódolos animais, sentámonos na sombra para que as nosas profes nos cantasen algunhas cancións de animais. Ademais, lembramos entre todos os animais que acababamos de ver. No noso safari tiñamos leóns, xirafas, serpes, tarántulas, monos, hipopótamos, crocodilos, cebras…


Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010
Etiquetas: Aniversario
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010
Lucía cumpriu tres aniños e na aula de Unicornios o festexamos por todo o alto con merendola e música.



O pasamos xenial todos xuntos bailando e cantándonlle “Parabéns para ti…”, para recordar este día tan especial regalamoslle unha postal e unha coroa.
MOITOS PARABÉNS LUCÍA
Etiquetas: Aniversario
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010
Na aula de Fadas nos estamos a facer moi maiores, por iso estamos comezando co control de esfínteres cos últimos nen@s que quedan con cueiro. Algúns deles xa o teñen totalmente superado e xa van soíños ao baño e tiran da cisterna. Noraboa a Celeste e Saúl.

CELESTE

SAÚL
Etiquetas: sen cueiro
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010
Etiquetas: Aniversario
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »