Publicado por nigran o 27 de Xullo do 2010
Este pasado venres día 23 fixemos unha gran festa na nosa escola para celebrar o Día de Galicia, que este ano coincidiu en domingo. Para iso, reunímonos todos no salón porque as nosas profes nos dixeron que iamos a ter unha visita sorpresa. Como este ano é Ano Xacobeo, algúns dos nosos nenos ían vestidos coma auténticos peregrinos.


Cando estivemos todos sentados e ben atentos, de súpeto comezou a soar unha música de pandeiretas e unhas voces que cantaban ben forte. Quen cantaba?. Por detrás de nós saíron as nosas profes Tamara e Lidia vestidas cuns traxes fermosísimos. E cantaban e tocaban as súas pandeiretas. Vaia sorpresa!!.


Cantáronnos moitas cancións e, como é normal, abraiados que estabamos. Logo, cada unha delas amosounos todo o seu vestiario. A profe Tamara levaba o traxe de gala e a profe Lidia o traxe de faena. Tiñan unha morea de prendas postas: pañoletas, saias, mandís, medias…

E as sorpresas non remataron aí, pois a profe Lidia agasallounos cunha canción tocada nun instrumento que nunca miraramos: unha zanfoña. Ata nos deixou a nós tocala un pouquiño!!.





Pero aí non rematou a festa, xa que tamén tocamos o tamboril e bailamos ó son da música. E, como xa é tradición na nosa escola, houbo moitísimo confeti.




Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »