Este pasado venres día 23 fixemos unha gran festa na nosa escola para celebrar o Día de Galicia, que este ano coincidiu en domingo. Para iso, reunímonos todos no salón porque as nosas profes nos dixeron que iamos a ter unha visita sorpresa. Como este ano é Ano Xacobeo, algúns dos nosos nenos ían vestidos coma auténticos peregrinos.


Cando estivemos todos sentados e ben atentos, de súpeto comezou a soar unha música de pandeiretas e unhas voces que cantaban ben forte. Quen cantaba?. Por detrás de nós saíron as nosas profes Tamara e Lidia vestidas cuns traxes fermosísimos. E cantaban e tocaban as súas pandeiretas. Vaia sorpresa!!.


Cantáronnos moitas cancións e, como é normal, abraiados que estabamos. Logo, cada unha delas amosounos todo o seu vestiario. A profe Tamara levaba o traxe de gala e a profe Lidia o traxe de faena. Tiñan unha morea de prendas postas: pañoletas, saias, mandís, medias…

E as sorpresas non remataron aí, pois a profe Lidia agasallounos cunha canción tocada nun instrumento que nunca miraramos: unha zanfoña. Ata nos deixou a nós tocala un pouquiño!!.





Pero aí non rematou a festa, xa que tamén tocamos o tamboril e bailamos ó son da música. E, como xa é tradición na nosa escola, houbo moitísimo confeti.




Esta entrada foi publicada
o Martes, 27 Xullo do 2010 ás 15:21 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
27 de Xullo de 2010 ás 23:35
Moitas grazas ás profes Tamara e Lidia por ensinarnos tantísimas cousas: os seus vestidos, cancións, bailes… Tanto os nenos como as vosas compañeiras aprendimos moito.
28 de Xullo de 2010 ás 18:31
De na Marián , foi un pracer, o único pola calor que pasamos, pero estamos para outra muiñada cando queirades.bicos
28 de Xullo de 2010 ás 19:03
Como nos gustan as festas nesta escola!!! Grazas as profes Tamara e Lidia, que a pesar da calor que fai estos días, agasalláronnos con música, baile, cancións e amosáronnos moitas cousas, das cales aprendimos moito tanto nen@s coma profes.
28 de Xullo de 2010 ás 21:39
que chulada de traxes!! moitas grazas as profas Tamara e Lidia por facer o esforzo de poñerse eses traxes coa calor que está a facer…aprendemos moitas cousas e nomes que non coñecíamos!!