Apertura das Olimpiadas

Na escola de Nigrán, para fomentar o deporte , estamos a levar a cabo unhas olimpiadas moi especiais, o luns 26 tivo lugar a festa de apertura, onde prendemos o facho olímpico e os nenos de cada aula viñeron vestidos de diferentes deportes: Meigas de fútbol, Dragóns de tenis, Fadas de baloncesto, Trasnos de natación e Unicornios de atletismo.

Para o discurso de inauguración tivemos o privilexio de contar coa patrocinadora olímpica Charo, que nos deleitou cunhas palabras de ánimo para estes días de intensas probas como a carreira de velocidade, obstáculos e baloncesto.

Despois do gran discurso, tivemos fogos artificais de confetti  que deron lugar o comezo das olimpiadas en Nigrán.

Para finalizar esta gran festa tivemos un gran baile con música referente ás olimpiadas. Bailamos e bailamos.

Despois de tanto baile tocou a hora da relaxación.

Agora a entrenar duro para poder participar nas probas olímpicas. Ánimo!!!!!

5 comentarios a “Apertura das Olimpiadas”

  1. Tania dixo:

    Que gran “Apertura de Olimpiadas” nada que envexar as do C.O.I. Agora a entrenar moito para participar nas probas, nas cales seguro o fan moi ben todos.

  2. Tami dixo:

    estas olimpiadas prometen…..van ser un éxito!!

  3. Marián dixo:

    Estámolo a pasar fenomenal con este tema. E, por suposto, pasámolo en grande na festa de apertura.
    Por certo, preciosas as fotos do momento de relaxación. Encántanme!!.

  4. Ana dixo:

    Pero que ben o pasan estes nenos… que pena que Adriana esté maliña (con varicela). Que profes mais estupendas !!!!!

  5. zaida dixo:

    A Charito vaia discurso nos pegouuuuuuu,jajajja

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe