Arquivo de Xullo do 2010

Aniversario Elsa

Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2010

Na aula de Fadas festexamos o aniversario da máis pequerrecha, Elsa,  que cumpriu dous anos.

Elsa apagou as candeas ela soíña. Os seus amiguiños tamén quixeron axudar e, á de tres, sopraron todos moi forte. Bailamos e xogamos con confetti.

MOITOS PARABÉNS.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 19 de Xullo do 2010

A palabra desta semana é: CERNIZO

escollérona Chari e Marisa

Benvidos á nosa selva

Publicado por nigran o 16 de Xullo do 2010

A nosa escola estase a transformar nunha auténtica selva! Ollade:

Pintámonos como…


serpes

xirafas

cebras

monos,

trigres, leopardos, leóns…e canto animal se nos acordaba.

Tamén nos visitaron moitos animais que as profes, os nenos e nenas trouxeron da casa.

Debuxamos caretas de animais,

e contamos contos moi salvaxes!

Atopamos un paxariño.

Publicado por nigran o 16 de Xullo do 2010

Os unicornios atoparon un paxariño no patio, estaba un pouco aturdido xa que batera contra o cristal da nosa escola. Despois duns minutos entre nós e de visitar as nosas clases, o paxariño recuperouse e a profe Barbara e os nenos e nenas de unicornios o soltaron e marchou volando en busca da súa familia.

BOA VIAXE

Unha visita moi especial

Publicado por nigran o 16 de Xullo do 2010

Tania a profe das fadas, achegounos á escola, no día de hoxe, as súas tartarugas Flipi e Flipa. Quedamos encantados coa súa visita, vimos como comían, como nadaban, como corrían pola clase…e tamén nos deixaron acariñalas!

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 16 de Xullo do 2010

A palabra que escolleran Bárbara e Maribel, as dos Unicornios é:

Pubela

Pubela

SINÓNIMO: PABÓN

pabón Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.

< pabea

s m Parte superior da planta do millo que se emprega como forraxe.

SIN: cabezo, cenceno, pendón.

Obradoiro do xeo

Publicado por nigran o 12 de Xullo do 2010


A pasada semana seguindo a temática de ” Que calor vai!” fixemos un obradoiro de xeo.

Nunha primeira sesión botamos distintas cousas na auga, para despois metelas o conxelador e ver o que pasaba.

Conxelamos xoguetes

flores

garbanzos

…todo o que atopamos, ata pedras!.

Tamén botamos colorante alimentario na auga para que cambiara de cor obtendo así xeos de cores.

O día seguinte experimentamos co xeo, que frío!



XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 12 de Xullo do 2010

Esta semana escolleron palabra as profas dos Unicornios, Bárbara e Maribel.

Propuxeron:

Pubela

Actividades refrescantes!

Publicado por zaida_nigran o 8 de Xullo do 2010

Neste mes de xullo tan soleado, na nosa escola estamos a traballar o tema “Que calor vai!” Por eso realizamos obradoiros e actividades moi refrescantes.

O primeiro que fixemos foi poñernos en contacto coa auga.

Despois fomos engadindo distintos utensilios e recipientes para que puideramos experimentar, trasvasar…

e ata pintamos nas paredes coa auga!


Noutras sesións nas aulas e nos patios xogamos con pompas de xabón e ata fixemos espuma!




Colección verán 2010

Publicado por nigran o 8 de Xullo do 2010

Coa chegada do verán os nenos e nenas da nosa escola prepararon as vestimentas propias desta estación tan calurosa.

Ollade o ben que se miran con estas prendas cheas de cor e cos accesorios como as gafas,pareos…