Arquivo do 2 de Agosto do 2010
Publicado por nigran o 2 de Agosto do 2010
PREPARADOS, LISTOS, XA!!!!
Publicado por nigran o 2 de Agosto do 2010
Chegou a hora de esforzarnos xa que as olimpiadas xa comezaron. A primeira proba que tivemos que pasar foi a de velocidade. Ao escoitar preparados, listos, xa!!! tiñamos que saír correndo dende a saída ata chegar á meta o máis rápido posible. Antes da carreira tivemos que estirar e quentar con exercicios que nos ensinaron as nosas profes.
Chegou a hora da carreira, estabamos moi nerviosos pero o fixemos moi ben.
Os maiores tamén fixemos carreira coma os caranguexos, para atrás. Ao principio costou un pouco pero logo xa eramos uns profesionais.
O segundo día tivemos a proba da carreira de obstáculos. Un por un fomos pasando a diversidade de dificultades que nos íamos atopando.
O terceiro día tivemos partido de baloncesto, encestamos as pelotas que podiamos nas canastras tan orixinais que nos puxeron as nosas profes.
XOGANDO CO LÉXICO
Publicado por nigran o 2 de Agosto do 2010
XOGANDO CO LÉXICO
Publicado por nigran o 2 de Agosto do 2010
A palabra desta semana, estrullar, que escollera Ana, vén sendo:
estrullar
< lat v *extorculāre ‘prensar’
port: esmagar
cast: estrujar
ingl: to squeeze,to press
alem: zu verdrängen, zu drücken
| 1 | v t Apertar algo con moita forza para extraerlle o que ten dentro, esmagalo ou deformalo.<!––> |
| 2 | v pron Magoarse ou levar un golpe nalgunha parte do corpo.<!––> |
| SIN: | chafar, esmagar, machucar. ![]() ![]() ![]() |






















































