Arquivo do 17 de Agosto do 2010

Obradoiro de xeados!!.

Publicado por nigran o 17 de Agosto do 2010

Onte tivemos na escola un obradoiro ben fresquiño e ben saboroso: un obradoiro de xeados!!.

As nosas profes encargáronse de conxelar o día anterior recipientes cheos de cousas deliciosas: uns tiñan chocolate, outros tiñan zume e ata había algúns con sorpresa no seu interior, pois eran de iogur con anaquiños de froita dentro.

Como vos poderedes imaxinar encantounos este obradoiro e xa estamos desexando que as nosas profes nos soprendan con outra actividade así de gastronómica.

Experimentando con pintura de cores!!

Publicado por nigran o 17 de Agosto do 2010

O xoves 12, fixemos un obradoiro de pintura cos nen@s da escola. Gozaron da diversidade de sensacións, tanto táctiles como visuais,  que se ofertaron este obradoiro. Había moitas cores: laranxa, verde, amarela, branca, negra, azul, vermella…e con elas plasmamos un libre debuxo no papel continuo pegado nas mesas; tocamos,golpeamos, salpicamos, pintamos partes do corpo como a cara e os brazos coa témpera.

Así de colorido quedou o noso obradoiro!!!

Aniversario Jorge

Publicado por nigran o 17 de Agosto do 2010

Jorge estivo de aniversario e cumpriu 3 aniños na compañía dos seus amiguiños de Trasnos e Unicornios. Soprou as candeas, tivemos merendola, baile e moito moito confetti.

Moitos parabéns Jorge!!!!!!