Onte tivemos na escola un obradoiro ben fresquiño e ben saboroso: un obradoiro de xeados!!.
As nosas profes encargáronse de conxelar o día anterior recipientes cheos de cousas deliciosas: uns tiñan chocolate, outros tiñan zume e ata había algúns con sorpresa no seu interior, pois eran de iogur con anaquiños de froita dentro.
Como vos poderedes imaxinar encantounos este obradoiro e xa estamos desexando que as nosas profes nos soprendan con outra actividade así de gastronómica.
Esta entrada foi publicada
o Martes, 17 Agosto do 2010 ás 14:25 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
17 de Agosto de 2010 ás 20:13
UMMMMMMMMMMMM……este obradoiro é para chupar os dedos…..!!!!
17 de Agosto de 2010 ás 23:05
Con obradoiros así de refrescantes o verán lévase moitísimo mellor.
19 de Agosto de 2010 ás 15:56
ummmm que rico eu quero probar, gardaches algun?