E o pasado venres, tocoulle a quenda ó último obradoiro: o de escuma. Primeiro fixémolo o grupo de 0-2 e, posteriormente, o grupo de 2-3.
Previamente, as nosas profes e as nosas PSX encheron o patio de tinas con auga. Logo, engadiron glicerina e bateron moi pero que moi forte durante un anaquiño para conseguir facer unha morea de escuma. Ademais, tamén puxeron bandexas para poder xogar a trasvasar a escuma dun lugar a outro.
Cando estivo todo disposto tan só quedaba que nós deramos renda solta ós nosos xogos e a nosa imaxinación. E sabedes que?. Tamén había pompas de xabrón!!.
Cando chegou a quenda dos maiores da escola, había outra sorpresiña máis: nunhas mesas había vasos cheos de auga cun pouco de glicerina para que fixeramos pompas soprando con palliñas. Ó principio parecía algo difícil, pero despois descubrimos que era moi sinxelo. Ademais as nosas profes botábanlle unhas gotiñas de colorante para que a escuma que saía dos vasos fora de cores!!.
Seguimos cos obradoiros na escola. Tocoulle a quenda ao do papel, aproveitando case todos os murais que fixeron os nen@s durante o curso escolar, xa que estamos poñendo a nova decoración. Iso si que é reciclaxe, porque o obradoiro foi todo un éxito, onde xogaron, fixeron voar, racharon, escondéronse…ademais de ser moi colorido.
Utilizamos a aula da sesta de 1-2; primeiro foron os nen@s de 0-2 e logo tocoulle a quenda aos maiores, que quedaron abraiados co que se atoparon.
E colorín colorado, despedimos os nosos traballos e demos a benvida ás novas experiencias.