E o pasado venres, tocoulle a quenda ó último obradoiro: o de escuma. Primeiro fixémolo o grupo de 0-2 e, posteriormente, o grupo de 2-3.
Previamente, as nosas profes e as nosas PSX encheron o patio de tinas con auga. Logo, engadiron glicerina e bateron moi pero que moi forte durante un anaquiño para conseguir facer unha morea de escuma. Ademais, tamén puxeron bandexas para poder xogar a trasvasar a escuma dun lugar a outro.


Cando estivo todo disposto tan só quedaba que nós deramos renda solta ós nosos xogos e a nosa imaxinación. E sabedes que?. Tamén había pompas de xabrón!!.








Cando chegou a quenda dos maiores da escola, había outra sorpresiña máis: nunhas mesas había vasos cheos de auga cun pouco de glicerina para que fixeramos pompas soprando con palliñas. Ó principio parecía algo difícil, pero despois descubrimos que era moi sinxelo. Ademais as nosas profes botábanlle unhas gotiñas de colorante para que a escuma que saía dos vasos fora de cores!!.








Esta entrada foi publicada
o Martes, 24 Agosto do 2010 ás 15:33 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
24 de Agosto de 2010 ás 17:08
Estes obradoiros de verán foron todo un exitazo. O de escuma non podía ser menos.
24 de Agosto de 2010 ás 18:10
Menudos obradoiros os de agosto e que refrescantes os que se fan no patio o aire libre como o da escuma. Despedida por todo o alto.
29 de Agosto de 2010 ás 21:49
jajjajaja, que ben o tiveron que pasar neste obradoiroooooooooooooo tan refrescante