Obradoiro de papel

Seguimos cos obradoiros na escola. Tocoulle a quenda ao do papel, aproveitando case todos os murais que fixeron os nen@s durante o curso escolar, xa que estamos poñendo a nova decoración. Iso si que é reciclaxe, porque o obradoiro foi todo un éxito, onde xogaron, fixeron voar, racharon, escondéronse…ademais de ser moi colorido.

Utilizamos a aula da sesta de 1-2; primeiro foron os nen@s de 0-2 e logo tocoulle a quenda aos maiores, que quedaron abraiados co que se atoparon.

E colorín colorado, despedimos os nosos traballos e demos a benvida ás novas experiencias.

4 comentarios a “Obradoiro de papel”

  1. Marián dixo:

    Creo que non pode haber mellor forma de darlle un último uso ós traballos feitos polos nenos. Pasáronno de medo neste obradoiro.

  2. Tamara dixo:

    A verdade que o pasamos ben as profas e os nen@s, foi moi divertido.

  3. Monica dixo:

    Eu si que o paseu de medo!!! Foi unha ilusión estar neste obradoiro. Parabens

  4. Tami dixo:

    é a primeira vez que facemos este obradoiro e foi todo un éxito!!!

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe