COMEZA A CONTA ATRÁS: 3, 2, 1, 0….

Na escola de Nigrán estamos cos últimos preparativos para comezar o novo curso 2010/11. Este ano viaxamos pola galaxia e nos convertemos nos habitantes de diferentes planetas: Saturno, Venus, Marte, Mercurio e Xúpiter.

Nesta galaxia, na que podemos atopar planetas, unha cidade galáctica, cohetes, extraterrestres, astronautas, e sobre todo moitas estrelas…, xa está todo preparado para dar a benvida aos novos habitantes; os únicos requisitos son ser menor de tres anos e ter moitas ganas de aprender, xogar e pasalo ben.

Durante este mes de agosto, e aproveitando que había menos crianzas, dispuxémonos, nunha actividade febril, a decorar a nosa escola para que todo estivera a punto.

Benvidos á galaxia de Nigrán!!!!

4 comentarios a “COMEZA A CONTA ATRÁS: 3, 2, 1, 0….”

  1. belen dixo:

    O cole esta quedando moi chulo, esperemos que con tantos planetas e extraterrestres que no nos cofundamos con algunha profe camuflada. bicos e ata o dia 1 . Ah bicos para Encarna e Tamara de Dani e como non un saudo as novas profes.

  2. Tamara dixo:

    XA falta pouco para comezar o novo curso e quero mandarlle un bico enorme os nen@s de Meigas xa que o ser internivel teñen que separarse de aula, pero seguirei preto de vós para seguir vendo como crecedes. Tamén termina este ano de blog que en compañía de Marián e Marisa fixemos posible que estivera moitos meses dos máis destacados ,grazas a variedade de actividades do centro, foi un pracer compartir este proxecto xuntas.

  3. Marián dixo:

    Tamara, pasámoslle o testigo a outras profes para que manteñan o noso blogue onde se merece porque hai que amosar tantísimo o que traballan os nosos nenos.
    E, en canto a nova temática, só dicir que dan ganas de facer unha saída didáctica á lúa ou similar.

  4. Tami dixo:

    moito ….moito traballo pero a escola quedou chulisima para recibir o novo curso!!

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe