Arquivo de Agosto do 2010

Aniversario Jorge

Publicado por nigran o 17 de Agosto do 2010

Jorge estivo de aniversario e cumpriu 3 aniños na compañía dos seus amiguiños de Trasnos e Unicornios. Soprou as candeas, tivemos merendola, baile e moito moito confetti.

Moitos parabéns Jorge!!!!!!

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 16 de Agosto do 2010

A palabra proposta para esta semana é:

PETO

propuxérona as profas das Fadas, Lidia e Tania.

Proporcionáronnos unha pistiña formulando

a seguinte pregunta:

¿Cal dos seguintes animais é un peto?

1                                            2                                       3

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 13 de Agosto do 2010

A palabra desta semana, pértego, que escolleran as dos Dragóns, é:

pértego

< pértega

1 s m Pau máis curto dos dous dos que consta o mallo.<!––>

2 s m Peza longa e de madeira do carro, onde van enganchados os animais co xugo.<!––>

OBRADOIRO CON XIZ

Publicado por nigran o 11 de Agosto do 2010

O martes 10, fixemos na escola un obradoiro con xiz, saímos en tren para chegar á entrada da escola onde nos esperaban unhas mesas cunhas cartolinas de cor negra. Para que servirán?  As profes repartiron os xices e puxémonos mans á obra pintando as cartolinas. Fixemos debuxos espectaculares e logo borrabamos coas mans; pero non desaparecía esa cor abrancuxada que deixaba o xiz.

Cando xa non quedaba espazo nas cartolinas, fomos a pintar no chan e no portal da escola, a verdade que notabase mellor no portal xa que era máis oscuro. E pintamos, pintamos ata que nos tivemos que ir para as aulas.

Así de bonitas quedaron as nosas obras de arte:

Obradoiro de chocolate!!!

Publicado por nigran o 11 de Agosto do 2010


No mes de agosto, estamos a repetir os obradoiros que máis lle gustaron aos nen@s durante este curso. Un deles foi o de chocolate, que volvemos repetir o pasado 6 de agosto.

Coas nosas mans, manipulámolo,  probámolo, trasvasamos con culleres e plasmamos as nosas mans en papel continuo pegado na parede.

Como disfrutamos co chocolate!!!!!

Obradoiro de auga.

Publicado por nigran o 10 de Agosto do 2010

Con estes días tan calorosos que estamos pasando o mellor é refrescarse, así que as nosas profes preparáronnos un fantástico obradoiro de auga.

Encheron tinas con agua e puxeron unha mesa chea de cousas divertidas para xogar: envases, pinceis para pintar na parede, funís, esponxas, patiños de goma…

Pasámolo moi ben e quedamos ben fresquiños. Xa estamos desexando que se repita!!.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 9 de Agosto do 2010

Esta semana escolleron a palabra do noso xogo

as profas dos Dragóns, Marián e Olalla.

Decidíronse por: PÉRTEGO

Aniversario de Dylan e Kesia!!.

Publicado por nigran o 6 de Agosto do 2010

Onte festexamos cunha gran festa o aniversario dunha parella moi especial, pois está composta por dous irmáns: Dylan e Kesia. Por tal motivo, xuntámonos as aulas de Dragóns e Fadas para felicitalos e darlles un pequeno agasallo feito por todos nós.

Entre todos pintamos unha postal ben fermosa para que tiveran de recordo do día no que cumprían 2 aniños. Dylan e Kesia tamén colaboraron coloreándoa.

Despois disto, e portando cada un a súa coroa, sopraron ben forte as dúas candeas da tarta. Ó principio foi un poco difícil, pero ca axuda de tódolos seus compañeiros conseguiron apagalas.

Tras unha boa merendola chegou o momento de bailar e xogar co confeti. Pasámolo moi ben nesta festa!!.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 6 de Agosto do 2010

A palabra que escolleran as profas das Meigas,

Tamara e Encarna, faíscas, vén sendo:

Faísca 1 s f Partícula lixeira e incandescente que se desprende dun corpo que arde ou da fricción de dous corpos

2 s f Porcións de auga conxelada que caen cando neva. …

1

2.
2

faiscante 1 adx Que faísca. 2 adx Que brilla con moita intensidade. …

faiscar 1 v i Botar faíscas. 2 v i Brillar con moita intensidade. …

Aniversario Patricia

Publicado por nigran o 3 de Agosto do 2010

Na aula da Meigas, estivemos de festa. Patricia ( a nena máis pequerrecha da escola) cumpriu un aniño.

Soprou a candea coa axuda dos seus amiguiños. Regalámoslle unha postal de felicitación para recordar este día tan especial e ademais tivemos merendola e baile con confeti.

MOITOS PARABÉNS!!!!!