Arquivo de Setembro do 2010
Publicado por nigran o 30 de Setembro do 2010
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 30 de Setembro do 2010
Estes días, na aula dos bebés de Saturno, estiveron a experimentar cos sentidos. Un día tocoulle ao olfato, así que gracias ás súas profas uliron unha morea de cousas novas! E parece ser que todas lles agradaron, pois véselles con ganas de meterlle o dente!
Outro día tocoulle ao sentido do oído e da vista, perseguindo latas, e escoitando o ruido que fan ao chocar! Que ben o pasan!
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »
Publicado por nigran o 30 de Setembro do 2010
A aula de Marte estivo a descubrir diferentes cheiros de moitisimas cousas: tiñamos especias, que unhas ulían rico pero outras fedían; tamén tiñamos colonias, velas de laranxa, café, flores secas… os nenos tiveron que cheirar todas para saber cal gustaba máis… mentras o descubrían, as súas caras non tiñan desperdicio…. que sensacións tan diferentes entran polo nariz!
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Setembro do 2010
Familias:
Deixámosvos aquí os enlaces para consultar os
menús para o mes de outubro.


Etiquetas: MENÚS
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 28 de Setembro do 2010
¡A clase de Venus estivo a experimentar cos pés! As súas profas trouxéronlles moitísimas cousas de diferentes materiais para que sentiran o seu tacto cos peciños, e vaia descubrimentos que fixeron!! ( e que coxegas!!!) Plumiñas, teas , bufandas, pinceis, esponxas, lá , algodón! Que sensacions! ¡Mirade o ben co pasaron!
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 28 de Setembro do 2010
Lara, Sergio e Naira, da aula de Venus, festexaron o pasado venres o seu aniversario por todo o alto, e que non todos os días un cumpre un aniño!
MOITOS PARABÉNS!!!
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 27 de Setembro do 2010
A palabra escollida para esta semana é:
LUPANDA
Escollérona as profas da aula dos marcianos,
Tamara e Bárbara.
Se sabedes de que se trata, escribide un comentario a esta anotación, ou deixade unha nota na “Caixa das palabras”

Etiquetas: lupanda
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 24 de Setembro do 2010
Os nenos da aula de Venus estiveron a facer una clase de motricidade! e anque moitos aínda non camiñan, fixérono á perfección!. Mirade que ben o pasan!!
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 24 de Setembro do 2010
Na aula de Marte, estivemos a experimentar sensacións coas mans, así que despois de pintarnos ben as manciñas coa pintura, plasmámolo nun papel! Que bonitas quedaron (as mans!) todas tintadas de lila. Logo de limparmos ben, estivemos a xogar con diferentes texturas; parecían peliños dos animais da selva. Tocamos a pel do crocodilo, da cebra, do león, e ata a dun tigre!, e xa cara ao final, xogamos con difrentes teas, que ben o pasamos difrazándonos con elas!
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 24 de Setembro do 2010
A aula de Venus xa celebrou o seu primeiro aniversario!
E que Bruno, o día 17 cumpriu un aniño! Como vedes, tanto el como os seus compañeiros, pasárono en grande festexándoo! Moitos parabéns para ti!
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »