Estes días últimos preséntansenos cheos de novidades.
As crianzas chegamos á Escola con moitas ganas de xogar. Uns xa coñecemos todos os espazos. e os aloumiños das profes non nos son ningunha novidade, mais hai caras novas ao redor de nós.


Outros, pola contra, atopamos todo novo, e o primeiro impulso que temos é correr deica os xoguetes (as motos e os coches do salón están a esperar por nós).
As profes nos tiñan preparadas, para este primeiro día de portas abertas, moitas sorpresas, entre elas un conto e un guiñol que nos tivo un bo rato engailados.

Coa axuda das nosas profes creemos que, máis cedo que tarde, imos superar este período de adaptación que se nos presenta axiña.
Esta entrada foi publicada
o Venres, 3 Setembro do 2010 ás 17:06 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
6 de Setembro de 2010 ás 21:06
Xa veredes o ven que o ides a pasar na nosa escola. Benvidos a todos!!.