Arquivo de Setembro do 2010

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 23 de Setembro do 2010

A palabra desta semana, paraza,

que escolleran as profas dos de Venus (Maribel e Zaida),

vén sendo:

s f Pel externa de distintos froitos, especialmente a que se saca con coitelo.

SIN: carapa, carapela, monda, 2 para, 1 pela, pelica, plana, tona.


Sen cueiro

Publicado por nigran o 22 de Setembro do 2010

O control de esfínteres é un gran paso cara á propia autonomía. Mirade que maior é Juan, da aula de Mercurio, que xa non leva cueiro e está aprendendo a ir só ao baño e tirar da cisterna!!.

Saturnos

Publicado por nigran o 22 de Setembro do 2010

Os nenos máis pequerrechos do cole estiveron a facer moitísimas cousas estes días, as súas profes fixeron que pintaran de azul en papel continuo ….pero cos pés!!

Como somos, como sentimos…

Publicado por nigran o 22 de Setembro do 2010

Estamos a traballar na escola o tema de “como somos”, e na aula de Marte percatámonos de  que mellor que comezar coñecéndonos… polos pes! Asi que despois de sentir todo o noso corpo flotar, comezamos por baixo.. polo que as nosas profas nos descalzaron, e nos fixamos moito nos peciños, nos nosos e os dos nosos compañeiros, e ata nos fixeron cóxegas. Ao rematar pisamos todo tipo de alfombras, brandilñas e duras, con pelo curto ou longo, ásperas e dondiñas !  Que gustiño dá!

Moitos parabéns!!

Publicado por nigran o 21 de Setembro do 2010

Esta semana estiveron moi ocupados na aula de Mercurio, xa que tiveron que festexar, nin máis nin menos, que cinco aniversarios. Canta festa e cantos nervios á hora de apagar as candeas!!.

Pero que ben o pasaron.

Moitos parabéns a todos!!.

Brián, Alex, Nano, Álvaro e Xavi.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 21 de Setembro do 2010

A palabra que nos deron os habitantes

da Aula Venus é:

PARAZA

Se sabedes o que significa, deixade unha nota na Caixa das Palabras da Escola, ou ben, escribide un comentario a esta anotación.




A GALIÑA AZUL

Publicado por nigran o 21 de Setembro do 2010

Os nenos da escola estivemos a pintar “a galiña azul”; uns con témperas, outros con ceras, con pinceis e ata algúns se atreveron cas mans!

RECUNCHO SENSORIAL

Publicado por nigran o 21 de Setembro do 2010

Os nenos/as de Marte estanse a adaptar moi ben a súa aula, non e de estrañar co ben que o pasan.  O último que fixeron foi experimentar nun recuncho sensorial, onde eles investigan tocando e rompendo diferentes papeis, cada semana haberá algo difrente colgado no recuncho… ¿que tocará a proximas semanas?…

Comezamos a traballar

Publicado por nigran o 20 de Setembro do 2010

Na nosa escola comezamos a deixar atrás os choros e as angustias do período de adaptación, e nos entregamos ao traballo duro, pero moi gratificante de pintar… mirade como dan cor sen parar os nenos de 2-3 e os da unidade da tarde !!. Canto aprenden e como se divirten.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 17 de Setembro do 2010

A palabra desta semana, acio, que escolleran as profes

dos de Saturno,Tami e Encarna,

significa o seguinte:

< lat acīnu ‘acio’
port:racimo     cast: racimo     ingl: bunch, raceme     alem: Büschel, Traube

1 s m Conxunto de uvas que penduran do mesmo talo.
2 s m BOT Inflorescencia ou infrutescencia que consta dun eixe indefinido de que xorden flores ou froitos.
SIN: cacho, cangallo, piña.