Arquivo do 4 de Xaneiro do 2011

Cotillón fin de ano

Publicado por nigran o 4 de Xaneiro do 2011

O día 31 de decembro todos os nenos e nenas do cole e mailas profes viñeron vestidos de gala para celebrar o último día do ano. Houbo a quen non lle fixo moita gracia iso de maquillarse, pero outros estaban encantados de poder presumir.

Que elegantes!!

Fixeron una festa ao grande e ata comeron o tradicional chocolate con churros. Iso gustoulle a todo o mundo!!


Feliz aninovo a todos !!

Aniversario feliz

Publicado por nigran o 4 de Xaneiro do 2011

Laura, da aula de Mercurio, xa cumpriu dous anos, e o festexou por todo o alto cos seus compañeiros e compañeiras que a agasallaron cunha preciosa postal.


Parabéns princesa!!

Pintando a Papá Noël

Publicado por nigran o 4 de Xaneiro do 2011

Os nenos e nenas da aula de Mercurio pintaron un precioso Papá Noël para decorar o seu espazo. Ademais de pasalo estupendamente, traballar coa cor vermella e manipular a suave textura do algodón, agora non haberá dúbida de quen nos trae os agasallos este Nadal.