Arquivo do 14 de Xaneiro do 2011

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 14 de Xaneiro do 2011

A  palabra desta semana, señardade, que escollera Ana antes de marchar para a Escola Infantil de  Valadares, vén sendo:

Señardade

< lat singularitate

Escoitar a palabra polos altofalantes port: saudade    Escoitar a palabra polos altofalantes cast: añoranza    Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: longing    Escoitar a palabra polos altofalantes fran: nostalgie     ital: anelito     chin: ” 渴望
s f soidade.

SIN: 1 morriña, saudade, soidade.

Pescadores

Publicado por nigran o 14 de Xaneiro do 2011

O pasado luns os da aula de Marte  puxémonos o traxe de pescador con moito estilo (aínda que quedaba grande de máis) e moi decididos puxémonos a pescar peixiños pola aula; e non calquer peixe!

Pois, como estes días estamos a recoñecer diferentes animais que viven no mar… xa pescamos de todo! O polbo, augamar, golfiño , balea,… o que máis nos gusta? a tartaruga!…

Meteronse no papel de marabilla!