Arquivo do 16 de Febreiro do 2011

Aniversario de Hernán

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2011

Sempre é un pracer festexar os aniversarios. Nesta ocasión a Aula de Xúpiter pasouno de medo co aniversario de Hernán, que cumpriu tres anos, foi o rei da aula e, por ese día, ata levou unha coroa.

Parabéns Hernan!!

Aaron sen cueiro

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2011

Pouco a pouco os cativos do cole  vanse facendo maiores. Nesta ocasión Aaron, da Aula de Mercurio, acadou un pouco máis da súa autonomía co control de esfinteres.

Parabéns campión!!