Arquivo do 25 de Febreiro do 2011

A cociña

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2011

O tema “somos cociñeiros”  préstase para moitas actividades interesantes. Nesta ocasión, tódolos nenos e nenas do cole, fixeron unha entretida visita á cociña, lugar máxico onde se elaboran todos os manxares do cole e que está cheo dunha morea de utensilios estraños e fascinantes.

Marga, a nosa cociñeira, foi moi amable e nos explicou algunhas cousas.

Canto aprendemos!!

Cos pés tamén se aprende

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2011

Os nenos e nenas da Aula de Xúpiter descubriron que cos pés tamén se pode aprender; e experimentaron a sensación que dá tocar, mellor dito “pisar”, diferentes texturas.

Algunhas eran suaves e moi gustosas como a fariñas, outras un pouco máis duras, como as lentellas; pero a peor era a pasta, que se cravaba  e había que pisar na punta do pé.

Canto nos divertimos!!

Laranxa e limón

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2011

Despois de pasar varios días manipulando e coñecendo as propiedades da laranxa e do limón, tales como a súa cor, a textura, peso, consistencia, etc., hoxe, os nenos e nenas das Aulas de Mercurio, Xúpiter e da Galaxia da tarde, descubriron algo novo:Con estas dúas froitas  pódese facer zume ou, máis ben, laranxada e limoada.

Así que tocou exprimilas e logo probalas.

Como comentaban entre eles: a laranxada e moi rica pero a limoada, sen azucre, “pica” na lingua!!

Chocolata

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2011

Chocolaaataaa  chocolataa!! ao son da música, chegaron as Cacao marabillao á escola, cheíñas deste rico alimento, para presentarnos os diferentes chocolates que podemos atoparnos, e nos seus diferentes estados; primero cos máis pequeniños do cole ( Saturno , Venus e Marte) e ao día seguinte cos maiores e nenos da tarde.

Logo de presentalo, tocalo e catalo, comezou o momento máxico. Os nenos situáronse, cada un nas súas mesas respectivas, onde xa estaban colocados cuncas cheas de chocolate liquido!

Primeiro amosáronse estranados e incómodos co tacto do chocolate na pel, pero enseguidiña se acostumaron, e xa se atoparon liberados para facer case todo o que se lles ocorrira: comérono, pintaron  con pinceis nas mesas, no papel, nos cartóns e, algún que outro, ao seu compañeiro/a!

Pasárono xenial manipulándoo; cantas sensacións sentimos  e que ben o pasamos!

Cacaooo marabillaoo…como me gusta o cacao marabillao…

MENÚS DE MARZO

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2011

Familias, tedes aquí os enlaces para que consultedes

os menús do mes que vén:

A parva de-media maná

Menú marzo bebés

Menú xeral

Menú de transición

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2011

A palabra que nos propuxera Andrés Presas, xunguir,  vén sendo:

xunguir

< lat iungĕre

Escoitar a palabra polos altofalantes port: jungir    Escoitar a palabra polos altofalantes cast: uncir    Escoitar a palabra polos altofalantes ingl: to yoke    Escoitar a palabra polos altofalantes fran: au joug     ital: al giogo     chin: ” 以枷锁
v t Amarrar ao xugo unha parella de animais para enganchalos ao carro ou ao arado.

SIN: xoncer.

Conxugar verbo xunguir