Arquivo do 10 de Febreiro do 2012
Publicado por nigran o 10 de Febreiro do 2012
XOGANDO CO LÉXICO
Publicado por nigran o 10 de Febreiro do 2012
A palabra desta semana, abrocho, que escolleran as profes dos Romanos, vén sendo:
Abrocho
< galo *brogilos ‘bosque’ ou gótico * brut ‘brote’ ?
s m Vulto de pequeno tamaño que lles sae ás plantas e que logo pasa a converterse nunha nova póla, folla ou flor.
| SIN: | abrollo, bota, brote, broulla, gomo, gromo, rebento, xema. |
| VAR: | brocho. |
| CFR: | anovo. |
























