Arquivo de Marzo do 2012

Os Exploradores de festexo

Publicado por nigran o 30 de Marzo do 2012

Este venres os da aula dos Exploradores celebraron ao grande os dous anos de Lucas; con confeti, música e moita diversión pois a ocasión o merecía. Ollade  que ben o pasamos.

Fixemos o anaco de cor azul

Publicado por nigran o 28 de Marzo do 2012

Seguindo a confeccionar o noso arco da vella, tocounos pintar a cada aula o anaco  de cor azul, e para iso empregamos dúas técnicas moi divertidas.

Primero utilizamos as ceras, e despois de que o noso arco quedase moi azuliño, engadímoslle unhas rollas, de reciclaxe, azuis, que fomos pegando con cola unha a unha, cada un de nós.

Quedou precioso!!

ROMANOS

VIQUINGOS

CELTAS

EXIPCIOS

EXPLORADORES

A caixa máxica do azul

Publicado por nigran o 27 de Marzo do 2012

A Fada das Cores agasallounos outra vez cunha caixa máxica; esta vez coa caixa máxica do azul.

Como nos gusta explorar cousas novas!, e ademais estamos aprendendo as cores!

Aquí tedes unha mostra desta nova experiencia.

TROGLODITAS

ROMANOS

VIQUINGOS

CELTAS

EXIPCIOS


EXPLORADORES

Aniversario na aula dos Exipcios

Publicado por nigran o 27 de Marzo do 2012

Os desta aula voleron estar de celebración. Houbo que celebrar os tres anos de Brezo e fixémolo, coma sempre, con moito confetti e con moita música. A diversión estivo asegurada este venres, foi apoteósico. Só tedes que botar unha ollada.

Facendo o noso arco da vella

Publicado por nigran o 26 de Marzo do 2012

Este días estamos a facer un arco da vella como nos dixo a Fada das cores. Para isto estamos utilizando diferentes técnicas plásticas coma a o pegado de obxectos ou a plasmación con pintura de dedos.

Utilizaremos as cores primarias e, para comezar, fixemos a parte do arco da vella de cor vermella.  Quedounos moi ben pintadiño.

Mirade!

ROMANOS

VIQUINGOS

CELTAS

EXIPCIOS

EXPLORADORES

A caixa máxica do vermello

Publicado por nigran o 23 de Marzo do 2012

O prometido é déveda, e como estamos seguindo as ordes da Fada das Cores vindo vestidos da cor que nos manda, ou facendo un anaco do arco da vella, tivo a ben mandarnos o seu primeiro agasallo: a caixa máxica do vermello!

De súpeto, sentimos como petaban á porta e descubrimos  esta marabillosa caixa chea de obxectos vermellos.

Que de sorpresas contiña!, mirade, mirade!

TROGLODITAS

ROMANOS

VIQUINGOS

CELTAS


EXIPCIOS

EXPLORADORES

Os bechiños da primavera

Publicado por nigran o 23 de Marzo do 2012

Nesta bonita estación, vense moitos bechiños, como as xoaniñas ou as bolboretas e, nas aulas, recreamos estes animais con diferentes técnicas plásticas.

Os Trogloditas pintaron diversos bechos con rotuladores, material que usaron por primeira vez; os Romanos pintaron unha bolboreta cos pinceis, os Viquingos fixérono dunha maneira moi orixinal, pois fixeron tamén unha bolboreta pero soprando confeti!, os de Celtas pintaron unha xoaniña, e os de Exipcios e os dos Exploradores fixeron outra bolboreta.

Mirade que bonito!

TROGLODITAS

ROMANOS

VIQUINGOS

CELTAS

EXIPCIOS

EXPLORADORES

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 22 de Marzo do 2012

A palabra desta semana, que escolleran Conchi e Marián, as dos romanos, vén sendo:

escallo

< escallar

1 s m escalladoiro.

2 s m Talo ou parte dun vexetal que se enxerta noutro ou que se planta para que prenda de novo.

3 s m Variedade de maceira que se cultiva para destinar os froitos á elaboración de sidra.

SIN: puga.

Inmersos na primavera

Publicado por nigran o 21 de Marzo do 2012

Aos trogloditas encántanos experimentar cousas novas, así que, esta vez, tocounos meternos de cheo na primavera, e para iso manipulamos as súas flores, sumerxidas en auga.

Que gustiño sentir a auga morna no noso corpo!, e que ben cheira!, está chea de flores!

Mirade, mirade!

Embotellado do noso perfume

Publicado por nigran o 20 de Marzo do 2012

Logo da decoración e da maceración das flores e herbas, hoxe engadimos auga e coa xerra e os funís misturamos todo, para darlle o toque especial de cada aula, e logo levar para a casa os nosos perfumes.

ROMANOS

VIQUINGOS

CELTAS

EXIPCIOS


EXPLORADORES