Arquivo do 16 de Maio do 2012

Decorando un coche

Publicado por nigran o 16 de Maio do 2012

Aos Trogloditas e aos Viquingos, encántannos os coches, polo que nos puxemos mans á obra e creamos os nosos propios vehículos.

Os Trogloditas pintamos un con ceras de cor azul, e despois, por primeira vez, pegámoslle uns gomets coa axuda das nosas profas.

Os Viquingos, tamén decoramos un con gomets de cor vermella, xa que temos esta técnica máis perfeccionada.

Mirade que chulos!

TROGLODITAS

VIQUINGOS

Había unha vez un barquiño…

Publicado por nigran o 16 de Maio do 2012

Os Viquingos descubrimos un medio de transporte moi especial, xa que flota na auga: o barco!

Tivemos a oportunidade, na nosa aula, de vivir esta experiencia; puxemos uns barquiños de xoguete a flotar na auga e, efectivamente, non se afundían!

Pasámolo de marabilla con esta experiencia, mirade!

O apaixonante mundo das motos e os coches

Publicado por nigran o 16 de Maio do 2012

Seguindo cos medios de transporte, os Trogloditas, tivemos unha experiencia moi emocionante: andivemos en coches e en motos!

Xa somos uns mozos que nos subimos soíños a estas réplicas verdadeiras, e ademais estamos aprendendo algunhas normas de circulación.

Botade unha ollada!