Arquivo do 5 de Xuño do 2012

Visitounos un coello

Publicado por nigran o 5 de Xuño do 2012

Algunhas aulas recibiron unha visita moi especial: un coelliño moi branquiño, ao que lle gustaba deixarse acariciar. Que amorosiño era e como lle gustaban os aloumiños que lle dabamos!!! Moitas grazas por xogar connosco a Laika o coelliño de Pablo  e tamén  grazas o seu pai por traelo.

Os protagonistas dos Exipcios

Publicado por nigran o 5 de Xuño do 2012

Neste  mes de maio, os seguintes nenos xunto coas súas familias, protagonizaron a dinámica do “Protagonista semanal” que se está a desenvolver nesta aula. Esta vez foron os seguintes cativos: Maino, Pablo, Nico e Quentin.


MAINO


PABLO

NICO

QUENTIN

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 5 de Xuño do 2012

A palaba da semana pasada, acio, que escolleran as dos viquingos, Tami e Rosa, vén sendo:


acio

< lat acīnu ‘acio’

port: racimo     cast: racimo     ingl: bunch, raceme     fran: peloton, racème     ital: grappolo, raceme     chin: 一堆,总状花序     alem: Büschel, Traube


1 s m Conxunto de uvas que penduran do mesmo talo.
2 s m BOT Inflorescencia ou infrutescencia que consta dun eixe indefinido de que xorden flores ou froitos.


SIN: cacho, cangallo, piña.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 5 de Xuño do 2012

A palabra desta semana, penla, escollérona as psx’s, Charo e Marisa.

Se sabedes o que é, deixade un comentaria a esta anotación ou un escrito na “Caixa das Palabras”

MENÚS DE XUÑO

Publicado por nigran o 5 de Xuño do 2012

Familias:
Deixámosvos aquí os enlaces para que consultedes os menús do mes de xuño.

A parva de xuño

Menú de bebés

Menú de transición

Menú especial sen froita

Menú sen lactosa

Menú sen ovo

Menú xeral