Arquivo do 6 de Xuño do 2012

Proxectamos unha película de dinosauros*

Publicado por nigran o 6 de Xuño do 2012

Para preparararmos a  visita á exposición de dinosauros e familiarizarnos cos seus  nomes, tan tan malos de pronunciar (diplodocus, triceratos, tiranosauro rex), os nenos dos Exipcios e dos Celtas observaron na pantalla  fotografías destes animais. A continuación, seguiron moi atentamente unha película na que saía esta especie extinguida pero que está moi presente nos nosos xogos. E logo… pintamos.

Marcos de festexo

Publicado por nigran o 6 de Xuño do 2012

Os dos Exipcios volven  estar de celebración. Marcos estaba de día de anos. Xa tres!!

A festa e a troula non faltaron. Pero que ben o pasamos!!

Moitos parabéns.

Zoe está de días. Xa cumpre os tres aniños

Publicado por nigran o 6 de Xuño do 2012

Os dos Celtas festexárono ao grande e pasárono moi ben. O confetti e a música non faltaron para tan grande evento.

Moitos parabéns e que cumpras moitos máis.

O niño dos Celtas

Publicado por nigran o 6 de Xuño do 2012

Os desta aula, logo de ver o cómodas que se puñan as galiñas  sobre a palla para chocar os ovos dos que nacían os poliños, puxéronse a facer, con material de refugallo -botes natillas-, uns niños.  Pegáronlle gomets amarelos e despois  enchéronos con cofetti, a xeito de  herba seca na que se pousa a galiña para por o ovo.

E, para rematar, puxeron dentro un poliño moi ben pintadiño.