Arquivo do 21 de Xuño do 2012

Poñendo sementes na aula

Publicado por nigran o 21 de Xuño do 2012

Algunhas aulas decidimos, na aula, plantar sementes en diferentes recipientes. Os dos Celtas plantárona nun recipiente feito con material de refugallo -un vaso de iogur- que decoraron con rotuladores;  empaparon  algodón en auga e introducíronlle logo a semente. E os dos Exipcios pegaron gomets nun tarro …que ben nos quedou!!

Botade unha ollada.


CELTAS

EXIPCIOS

Fabricando un abano

Publicado por nigran o 21 de Xuño do 2012

Para soportar as altas temperaturas destas épocas casi estivais, aos  dos Exipcios ocorréuselles unha idea xenial:nada máis fácil que pintar con  moito  ímpeto e pegar gomets para decorar o noso propio abano e levalo para a casa  e empregalo en calquera momento.