Arquivo do 2 de Xullo do 2012

Paisaxe de verán

Publicado por nigran o 2 de Xullo do 2012

Quixemos plasmar unha paisaxe de verán e para iso, empregamos cola, engadímoslle a area para facer as ondiñas do mar e, a continuación, con pintura dedos, engadímoslle diferentes elementos paisaxísticos como gaivotas, soles…


CELTAS

Descalzos sobre area da praia

Publicado por nigran o 2 de Xullo do 2012

Algunhas aulas  dispuxémonos a traballar a textura da area.   Encántanos!!

Manipulámola, lanzámola polo aire, fixemos debuxos con ela e ata paseamos por ela como se estivesemos na praia.


CELTAS

EXPLORADORES

Manipulamos cunchas

Publicado por nigran o 2 de Xullo do 2012

Estamos gozando moito coas actividades relacionadas coa temática do verán.

Esta vez pasámolo en grande manipulando cunchas; sorprendeunos moito a súa textura rugosa, e os seus diferentes tamaños pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi rascalas e escoitar o son que producen!

Botade unha ollada!

TROGLODITAS

ROMANOS